Enténdese como falar o uso particular e individual que fai un falante dunha lingua. Desde esta perspectiva, como acto individual, oponse á lingua, que é social.

Falar

Concepto

editar

En lingüística, coñécese como fala á selección asociativa entre imaxes acústicas e conceptos que ten acuñados un falante no seu cerebro e o acto voluntario de fono-articulación que se levará a cabo para iniciar o percorrido da lingua.

Fala: materialización individual dos pensamentos dunha persoa, sirvíndose do modelo ou sistema que facilita a lingua. É a actualización aquí e agora dos fonemas da lingua por un falante.

Fala ou Idiolecto, defínese coma a conduta lingüística dun falante individual, polo tanto, é o acto de emitir unha mensaxe baseado no coñecemento e experiencias de cada individuo, de acordo co seu estilo persoal.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar