Comunicación oral
A comunicación oral é o xeito de comunicación humana, que se dá mediante unha lingua natural (xa sexa esta oral ou signada) e que está caracterizada pola inmediatez temporal. Na comunicación directa a produción da mensaxe por parte do emisor e a compresión do mesmo por parte do receptor é simultánea e prodúcese mediante a relación interpersoal. Esas condicións danlle ás mensaxes unha estrutura discursiva especial que se contrapón a outras formas de comunicación humanas coma a comunicación escrita ou a comunicación non verbal.
Algunhas características da comunicación oral directa
editarA comunicación oral admite retrousos, a redundancia, reiteracións, saltos dun tema a outro, onomatopeas, e frases feitas, oracións inconclusas, omisións, desorde nos elementos da oración etc. En forma complementaria, apóiase nos códigos non verbais coma os acenos, posición do corpo.