The Notorious B.I.G.
Christopher George Latore Wallace, nado en Brooklyn (Nova York) o 21 de maio de 1972 e finado nos Ánxeles (California) o 9 de marzo de 1997, foi un rapeiro estadounidense, máis coñecido como The Notorious B.I.G.. Tamén se lle coñece como Biggie Smalls (como o refinado gánster do filme de 1975 Let's Do It Again) ou como Frank White (como o personaxe interpretado por Christopher Walken en King of New York).
The Notorious B.I.G. | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Christopher George Latore Wallace |
Alcume | The Notorious B.I.G., Biggie, Biggie Smalls e Frank White |
Nacemento | 21 de maio de 1972 |
Lugar de nacemento | Brooklyn |
Falecemento | 9 de marzo de 1997 |
Lugar de falecemento | Os Ánxeles |
Causa | ferida por arma de fogo |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano e Jamaican American |
Alma máter | George Westinghouse Career and Technical Education High School e Bishop Loughlin Memorial High School |
Ocupación | rapeiro e compositor de cancións |
Cónxuxe | Faith Evans |
Fillos | C. J. Wallace e T'yanna Wallace |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Wallace medrou durante os anos de auxe do crack, comezou a traficar con drogas con moi pouca idade. Cando publicou o seu primeiro álbum en 1994 Ready to Die, xa era a figura central na escena hip-hop da Costa Leste que rivalizaba coa Costa Oeste liderada por Tupac Shakur. Ó ano seguinte forma o grupo Junior M.A.F.I.A. con outros amigos de infancia. O 9 de marzo de 1997 Wallace morría tiroteado no seu coche nos Ánxeles, o seu segundo álbum Life After Death, saíu quince días despois, chegando ó número un nas listas americanas, converténdose no álbum de hip-hop máis vendido con 28 millóns de discos. Editáronse outros tres álbums despois da súa morte. A MTV clasificouno no terceiro posto na lista dos máis grandes MC de todos os tempos.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |