Lesane Parish Crooks, máis coñecido polo pseudónimo de Tupac Amaru Shakur e tamén coñecido polos nomes artísticos de 2Pac (ou simplemente Pac) e Makaveli, nado en Manhattan o 16 de xuño de 1971 e finado o 13 de setembro de 1996 en Las Vegas, foi un rapeiro estadounidense.

Tupac Shakur
Nome completoLesane Parish Crooks
Alias2Pac, Makaveli, Pac
Data nacementoEast Harlem, Manhattan, Nova York
Nado en16 de xuño de 1971
Falecemento13 de setembro de 1996 (25 anos)
 University Medical Center of Southern Nevada
Causadrive-by shooting
SoterradoStone Mountain
CónxuxeKeisha Morris
IrmánsMopreme Shakur, Sekyiwa Shakur e Takerra Allen
Ocupaciónrapeiro, actor, poeta, activista
Xénerohip hop
Selo(s) discográfico(s)Death Row, Interscope
Relacionado conOutlawz, Thug Life, Danny Boy, Digital Underground, Dr. Dre, Johnny "J", Ice Cube, Nate Dogg, The Notorious B.I.G., Snoop Dogg
Tempo en activo1988 - 1996
Pseudónimo2Pac, Makaveli e MC New York
Na rede
[1]
IMDB: nm0000637 Allocine: 20637 Rottentomatoes: celebrity/2_pac Allmovie: p64741 TCM: 174855 Metacritic: person/tupac-shakur TV.com: people/tupac-shakur IBDB: 496055
Facebook: tupacshakur Twitter: 2pac Instagram: 2pac MySpace: 2pac Youtube: UCA_-NVTKOlWgxgTWjqlzZlA Souncloud: 2pac Spotify: 1ZwdS5xdxEREPySFridCfh iTunes: 105998 Last fm: Tupac Musicbrainz: e263a1d8-8228-4ede-9e17-7acf8470165a Songkick: 232934 Discogs: 100752 Allmusic: mn0000921895 WikiTree: Crooks-607 Find a Grave: 3735 Deezer: 167095 Genius: 2pac Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo da activista dos Panteras Negras, Afeni Shakur, recibiu o seu nome en homenaxe ó líder indíxena Túpac Amaru II. Shakur publicou en vida 5 álbums e outros moitos apareceron tras a súa morte, a maior parte das súas cancións tratan da vida violenta e dura nos guetos, o racismo, as desigualdades sociais e as rivalidades con outros rapeiros. Comezou a súa carreira como bailarín para o grupo de hip hop alternativo Digital Underground e pertenceu ós grupos Outlawz, Emcees, Two From The Crew, Strictly Dope e Thug Life. Morreu en 1996 tras pasar sete días en coma ó ser tiroteado na cidade das Vegas, nun crime que non se resolveu. Segundo o Libro Guinness dos Récords é o rapeiro que máis discos vendeu no mundo, con 50 millóns nos Estados Unidos e 80 millóns no resto do mundo, o seu éxito contribuíu á expansión mundial do rap nos anos 90 e o seu carisma, a súa fantasía, o seu léxico coidado e a súa morte prematura convertérono nunha das grandes iconas do xénero.

Discografía Editar