Cadencia (música)

Cadencia en música é unha serie de acordes ou fórmula de melodía que adoita coincidir co fin dunha sección nunha obra. Unha cadencia é unha función harmónica e formal caracterizada por unha progresión (ou encadeamento[1]) de acordes que adoita desembocar no acorde de tónica ou acorde base.

As diferentes cadencias clasifícanse, en función da tensión que acompaña a cada movemento, en conclusivas se xeran certo grao de estabilidade ou repouso; e suspensivas, se xeran inestabilidade ou tensión. Dependendo de como termine a posición do acorde a cadencia pode ser perfecta se a voz baixo ten a nota fundamental do acorde; ou imperfecta se remata noutra nota diferente.

Para familiarizarse cos tipos de cadencias é necesario comprender a súa notación. Os graos da tonalidade serán referidos con números romanos:

I: Tónica.
II: Supertónica.
III: Mediante.
IV: Subdominante.
V: Dominante.
VI: Superdominante ou submediante.
bVII: Subtónica.
VII: Sensible.

Cada grao ten unha función determinada, que xera máis ou menos tensión, ou máis ou menos resolución nas cadencias:

  • I: Tónica
  • IV: Subdominante
  • V: Dominante
  • VII: Sensible
  • VI: Tónica relativa
  • II: Subdominante relativa

O III grao é ambiguo. Non podemos definilo dentro destas tres funcións tonais (tónica, subdominante, dominante) xa que, para empezar, non ten similitude algunha cos graos IV nin II, polo que non é subdominante. E, aínda que ten coincidencias na súa composición (1º 3ra e 5ta) co I, non xera a sensación de repouso necesaria para encaixalo na función de tónica. O mesmo ocorre co V: ten dúas coincidencias, pero non xera a tensión necesaria para ser considerado dominante. O VII é un grao un tanto especial, e non ten función propia, xa que se asemella ao V7 sen o seu fundamental, polo que é considerado dominante.

Cadencias conclusivas

editar
  • Cadencia auténtica perfecta: V - I
  • Cadencia auténtica imperfecta: V - I (cun deses acordes investido e/ou cando a voz superior non resolve ao primeiro grao)
  • Cadencia plagal: IV - I

Cadencia auténtica

editar

Prodúcese pola sucesión dos graos V (dominante) a I (fundamental). Hai dous tipos de cadencia auténtica: perfecta e imperfecta. Para que unha cadencia auténtica sexa perfecta, ambos os acordes deberán ter o seu fundamental no baixo, e o acorde final terá que estar en posición de oitava (na voz superior do acorde de dominante estará a sensible, que resolverá ascendendo cara á tónica, polo que o acorde final, de primeiro grao, terá a tónica duplicada no baixo e na voz superior), así mesmo dito acorde non terá que estar desprazado, é dicir, terá que atoparse nun tempo forte. Se o acorde de tónica non cumpre un destes dous requisitos estaremos a falar dunha cadencia auténtica imperfecta, a cal non ten precisamente un carácter resolutivo, dada a súa inestabilidade no acorde de primeiro grao.

 

Cadencia plagal

editar

A cadencia plagal liga un acorde de subdominante co de tónica. Ten sentido resolutivo, aínda que non tanto como pode telo a cadencia auténtica. Ten un carácter post-cadencial, é dicir, pódese utilizar para confirmar unha cadencia máis potente como podería ser unha cadencia perfecta. Prodúcense os graos IV e I.

Cadencia preclásica

editar

É a cadencia tipicamente usada no período preclásico, con gran carácter conclusivo. Constitúese a partir da sucesión dos graos IV (subdominante) - V (dominante) - V (dominante octavada) - I (tónica).

Cadencia composta

editar

A cadencia composta é a sucesión dos graos IV (subdominante), V (dominante) e I (fundamental). Existen dous tipos: a cadencia composta de primeira orde (ou de primeiro aspecto) e a cadencia composta de segunda orde (ou segundo aspecto).

  • Cadencia composta de 1º orde: I (tónica) - IV (subdominante) - V (dominante) - I (tónica)
  • Cadencia composta de 2º orde: IV (subdominante) - I 6/4 (tónica en 2ª inversión; tamén chamado acorde cadencial 6/4, porque a diferenza do acorde de tónica, duplícase o 5º grao en lugar do 1º, e simbolízase K6/4) - V (dominante) - I (tónica)

Cadencias suspensivas

editar

As cadencias suspensivas son aquelas nas que unha obra non debe acabar, xa que non dan sentido de totalidade e peche.

Semicadencia

editar

Prodúcese un repouso momentáneo sobre un acorde, que adoita ser a dominante ou a subdominante, recibindo respectivamente o nome de semicadencia na dominante ou de semicadencia na subdominante. Pódese chegar a ambas desde calquera grao. Esta pode ser maior ou menor e en calquera grao, o máis común é o V.

Cadencia imperfecta

editar

Prodúcese este tipo de cadencia, ou ben cando nunha cadencia perfecta o acorde de tónica prodúcese en parte débil, ou ben cando nunha cadencia perfecta un dos acordes preséntase invertido.

Cadencia rota artificial

editar

Componse por unha sucesión inconclusa de acordes, movéndose desde o primeiro grao seguindo a seguinte sucesión: I (tónica) - IV (subdominante) - V (dominante) - VI (subtónica).

Cadencia rota, evitada

editar

A cadencia rota[2] prodúcese cando na cadencia perfecta substitúese o acorde de primeiro grao por outro inesperado: adoita ser o acorde de sexto grao, pero tamén pode ser, a excepción do sétimo grao, calquera outro, sendo normalmente os acordes con función de subdominante (graos II ou IV). O obxectivo desta cadencia é retardar a resolución dunha frase harmónica. As cadencias rotas poden ser de dous tipos: diatónicas e non diatónicas.

 
Cadencia rota (V-VI).
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para encadeamento.
  2. Piston, Walter: Armonía (Ed. cast.)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar