Un micrófono é un dispositivo transdutor ou sensor electroacústico que transforma o son nun sinal eléctrico. Os micrófonos utilízanse en moitas aplicacións, como teléfonos, gravadores, aparellos auditivos, produción de filmes, transmisión de radio, televisión, recoñecemento de voz, entre outros usos.

Un micrófono condensador Neumann U87.
Un micrófono Sennheiser.

A maioría dos micrófonos usan a indución electromagnética (micrófono dinámico), o cambio de capacitancia (micrófono condensador), xeración piezoeléctrico ou modulación de luz para producir un sinal de voltaxe eléctrica desde a vibración mecánica.

Historia

editar

Thomas Alva Edison e Emile Berliner presentaron solicitudes de patente para o micrófono de carbón, en marzo e xuño de 1877 respectivamente. Despois dunha longa batalla legal, Edison resultou gañador, e a patente de Berliner foi declarada nula tanto polos tribunais estadounidenses coma polos británicos.

Principio de funcionamento

editar

O micrófono converte as vibracións mecánicas da gama audible (frecuencias de 20 Hz a 20 kHz) nun sinal eléctrico. Na maioría dos micrófonos que se empregan, as ondas sonoras convértense en vibracións mecánicas a través dun diafragma fino e flexible e logo convértense en sinal eléctrico a través dunha bobina móbil ou por carga e descarga dun condensador. No caso de micrófonos de condensador, estes necesitan unha tensión de alimentación continua, como pode ser a chamada alimentación phantom.

Variedades

editar

Segundo a directividade

editar

Polo seu diagrama polar un micrófono pode ser:

  • Omnidireccional ou de presión. É máis sinxelo debido a que capta todos os sons sen ter en conta a posición da fonte sonora.
  • Bidireccional ou gradiente. Este tipo de micrófono capta exclusivamente os sons que se producen diante del ou na parte traseira do diafragma e omite o dos laterais. Contan cun filtro de graves que axuda a potenciar este tipo de sons.
  • Unidireccional:
    • Cardioide ou concentrador de feixe. É o máis usado nos concertos como micrófono de mano do cantante para reforzar o son, e rebaixar o ruído do público presente. A problemática deste tipo encóntrase cando o micrófono está situado preto dun altofalante, xa que pode ocorrer o fenómeno da retroalimentación. Denomínase cardioide debido ao seu diafragma en forma de corazón.
    • Supercardiode.
    • Hipercardioide. O micrófono hipercardiode é moi frecuente á hora de gravar narracións de cine ou diálogos. Polo tanto, é un aparello adicado a recoller as voces humanas xa que rexeita os sons de ambiente.

En relación ao tipo de transdución acústica hai varios tipos de micrófonos que establecen unha directividade:

  • Micrófonos de presión. Cun diafragma que capta os cambios de presión.
  • Micrófonos de gradiente de presión, tamén chamado de velocidade de presión. Con dúas caras expostas. Hai un certo desfase do sinal da zona frontal e posterior da cápsula. A membrana está libre e móvese cara adiante ou cara atrás, en función da presión sonora incidente. Os micrófonos de gradiente de presión captan tanto o son que reciben pola súa parte frontal, como o que reciben pola posterior; polo que son bidireccionais (con diagrama polar en forma de 8). A resultante é froito da diferenza de presión que hai entre os dos lados. O inconveniente dos micrófonos de gradiente de presión reside en que colorea os graves. Prodúcese o que se chama efecto proximidade ou efecto pop, que consiste en que as baixas frecuencias se reforzan cando a fonte está próxima. Isto pódese anular mediante un filtro.
  • Combinados. Son omnidireccionais.
  • Tubo de interferencias. Micrófono de interferencia, liña, rifle, canón ou semicanón. O son que incide lateralmente recorre un camiño que fai que desfase.
  • Parábola. Direcciona totalmente o son. Emprégase para gravar e radiar eventos deportivos.
  • PZM. Baséase en situar o micrófono o máis próximo posible a unha superficie, evitando as reflexións que cheguen desfasadas á cápsula.

Segundo o transdutor

editar

Electrodinámico

editar
Artigo principal: Micrófono electrodinámico.

A vibración do diafragma provoca o movemento dunha bobina móbil, ou cinta corrugada, ancorada a un imán permanente, xera un campo magnético, cuxas flutuacións son transformadas en tensión eléctrica.

Son micrófonos electrodinámicos:

Electrostático

editar
 
Micrófono electrostático.
Artigo principal: Micrófono electrostático.

As ondas sonoras provocan o movemento oscilatorio do diafragma. Á súa vez, este movemento do diafragma provoca unha variación na enerxía almacenada no condensador que forma o núcleo da cápsula microfónica e, esta variación na carga almacenada, (electróns que entran e saen) xera unha tensión eléctrica que é o sinal enviado á saída do sistema.

Son micrófonos electrostáticos:

Piezoeléctrico

editar
Artigo principal: Micrófono piezoeléctrico.

As ondas sonoras fan vibrar o diafragma e, o movemento deste, fai que se mova o material contido no seu interior (cuarzo, sales de Rochélle, carbón etc). A fricción entre as partículas do material xera sobre a superficie do mesmo unha tensión eléctrica, pola piezoelectricidade.

Son micrófonos piezoeléctricos:

Segundo a utilidade

editar
  • Micrófono de man ou de bastón: Deseñado para utilizarse suxeitado coa man. Está preparado para amorteccer os golpes e ruídos de manipulación.
  • Micrófono de estudio: Non ten protección contra a manipulación, polo que se sitúa nunha posición fixa e protéxese mediante gomas contra as vibracións.
  • Micrófono de contacto: Toman o son ao estar en contacto físico co instrumento. Utilízase tamén para disparar un son dun módulo ou sampler a través dun MIDI trigger.
  • Micrófono de gravata, de solapa ou Lavalier. Micrófono en miniatura que posúen filtros para evitar as baixas frecuencias que produce o roce do dispositivo coa roupa.
  • Micrófono inalámbrico: A particularidade deste dispositivo é a posibilidade de utilizalo sen cable. Poden ser de solapa ou de bastón (de man). Non necesitan o cable ao posuír un transmisor de frecuencias.
  • Micrófono mega direccional: Micrófono cunha zona de gravación de 50 centímetros. Serve para gravar a unha soa fonte desde grandes distancias.

Accesorios

editar
  • Soportes: Elementos que se empregan para amarrar o micro e illalo das vibracións e golpes que aparezan no seu contorno. Podemos distinguir tres tipos: de pé, de mesa ou de xirafa.
  • Paravento: Funda porosa de espuma que se coloca sobre a cabeza do micrófono e evita que o vento bata no diafragma.
  • Pantalla antichuvia: Serve para protexer o micrófono das precipitación, formada por unha pantalla, plástica ou metálica de superficie semiesférica.
  • Pantalla antipop: Consegue que o micrófono reciba un sinal máis uniforme e anula as distorsións producidas ao incidir sinais demasiado potentes sobre o diafragma.
  • Concentradores de son: Son superficies reflectoras con forma parabólica ou elipsoidal. Serve para captar sons distantes.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar