Eminem

cantante de hip hop estadounidense

Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972,[1] coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.[2][3][4][5] Cun total de 45,1 millóns de álbums vendidos e 42 millóns de cancións vendidas nos Estados Unidos a data de xuño de 2014, Eminem é o segundo artista varón con máis vendas da era Nielsen SoundScan, o sexto artista co maior número de vendas nos Estados Unidos e artista con maior número de vendas do hip hop.[6][7][8] Globalmente vendeu máis de 172 millóns de álbms, sendo un dos artistas con maior número de vendas en todo o mundo. A revista Rolling Stone situouno na posición número 83 na súa lista dos 100 Mellores Artistas de Tódolos Tempos.[9]

Modelo:BiografíaEminem

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Marshall Bruce Mathers III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
St. Joseph (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEminem Editar o valor en Wikidata
ResidenciaClinton Township (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoEscocés-americano, Welsh Americans (en) Traducir, Anglo-americano (pt) Traducir, Pobo cherokee, xermanos estadounidense, suízo-estadounidense, Polish Americans (en) Traducir e Luxembourgish Americans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLincoln High School (pt) Traducir
Oak Park High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrapeiro, actor, actor de cinema, executivo dunha discográfica, compositor de cancións, produtor musical, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica hip hop, hardcore hip hop (pt) Traducir, Midwest hip hop (en) Traducir, Horrorcore (pt) Traducir, comedy hip hop (en) Traducir, Dirty rap (pt) Traducir e rap rock Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoShady Records (pt) Traducir
WEB Entertainment (pt) Traducir
Aftermath Entertainment (pt) Traducir
Interscope Records
Polydor Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalRoyce da 5'9" (pt) Traducir: Bad Meets Evil Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKim Scott (2006–2006), divorcio
Kim Scott (1999–2001), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosHailie Jade Mathers
 () Editar o valor en Wikidata
NaiDebbie Nelson Editar o valor en Wikidata
ParentesTodd K. Nelson, tío materno
Ronnie Polkingharn, tío materno Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webeminem.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004896 Allocine: 51201 Rottentomatoes: celebrity/marshall_mathers Allmovie: p287398 Metacritic: person/eminem TV.com: people/eminem IBDB: 497693
Facebook: eminem Twitter: Eminem Instagram: eminem Tumblr: eminem MySpace: eminem Youtube: UCfM3zsQsOnfWNUppiycmBuw BNE: XX1617998 Souncloud: eminemofficial Spotify: 7dGJo4pcD2V6oG8kP0tJRR iTunes: 111051 Last fm: Eminem Musicbrainz: b95ce3ff-3d05-4e87-9e01-c97b66af13d4 Songkick: 182968 Discogs: 38661 Allmusic: mn0000157676 WikiTree: Mathers-465 Deezer: 13 Genius: Eminem Editar o valor en Wikidata

Tralo seu álbum de estrea Infinite (1996) e o Slim Shady EP (1997), Eminem asinou co selo de Dr. Dre, Aftermath Entertainment, e acadou a popularidade no ano 1999 co álbum The Slim Shady LP, polo que obtivo o seu primeiro Grammy ó Mellor Álbum de Rap.[10] Os seus dous álbums seguintes, The Marshall Mathers LP (2000) e The Eminem Show (2002), acadaron un grande éxito en todo o mundo, conseguindo a certificación de diamante da RIAA e obtendo un novo Grammy ó Mellor Álbum de Rap por cada un deles.[10] A estes seguiulle Encore (2004), que foi outro éxito comercial e da crítica. Tras unha pausa no 2005, publicou Relapse no ano 2009 e Recovery en 2010, gañando de novo un Grammy por cada un deles, con Recovery posicionándose coma o álbum máis vendido do mundo no 2010. O seu oitavo álbum de estudio, The Marshall Mathers LP 2 (2013), gañou dous premios Grammy.[10]

A maiores da súa carreira en solitario, Eminem é un dos membros orixinais dos grupos Soul Intent e D12.[1] Tamén colaborou con Royce da 5'9", baixo o nome colectivo de Bad Meets Evil.[11] Fundou o selo Shady Records co director executivo Paul Rosenberg, con artistas destacados coma 50 Cent. En novembro de 2002 protagonizou o filme 8 Mile, que gañou un Premio Oscar a mellor canción orixinal co tema "Lose Yourself".[12] Eminem fixo varios cameos nos filmes The Wash (2001), Funny People (2009), The Interview (2014) e na serie de televisión Entourage (2010).[13][14]

Discografía

editar

En solitario

editar

Con D12

editar
Artigo principal: D12.

Filmografía

editar
Ano Filme Papel Notas
2000 Da Hip Hop Witch
2001 The Wash Chris Sen acreditar
2002 8 Mile Jimmy "B-Rabbit" Smith, Jr. Premio Oscar a mellor canción orixinal ("Lose Yourself")
2009 Funny People Cameo
2014 The Interview Cameo

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. 1,0 1,1 Ankeny, Jason; Torreano, Bradley (2006). "Eminem – Biography". Allmusic. Consultado o 30 de xaneiro de 2008. 
  2. "Eminem Will Score Biggest Sales Week of 2010". Rolling Stone. 24 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2010. 
  3. "Eminem Four Singles in Billboard Hot 100 Top 20". Complex. 8 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  4. "Eminem Ties Beatles Billboard Record | Hot 96.3". Indyhiphop.com. 11 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  5. "Eminem Is First Lead Artist Since Beatles to Score 4 Top 20 Hits – News – Fuse". Fuse.tv. 8 de novembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  6. Grein, Paul (11 de xuño de 2014). "Chart Watch: 50 Cent's Sales Slide". Yahoo!. 
  7. Business Wire (5 de xaneiro de 2012). "The Nielsen Company & Billboard's 2011 Music Industry Report". Business Wire. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  8. "Eminem becomes first double Diamond Digital winner". June 11, 2014. 
  9. "Rolling Stone, 100 Greatest Artists of All Time". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "The Greatest MCs of All Time". MTV. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 8 de xullo de 2008. 
  11. "Eminem And Royce Da 5'9" To Drop Bad Meets Evil EP". MTV. 25 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  12. Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 137. ISBN 1-904994-10-5. 
  13. "Eminem, Aguilera to Appear on Entourage Season Finale". TVGuide.com. 29 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2010. 
  14. Keneally, Meghan (18 de decembro de 2014). "'The Interview': Best Scenes From the Movie That Won't Be in Theaters". ABC News. Consultado o 20 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar