Tercina é o nome da quiáltera que representa tres figuras iguais que se tocan no tempo que se deberían tocar só dúas.

En música, unha tercina é unha quiáltera que indica o uso de tres notas ocupando o tempo que normalmente sería o de dúas.

Por exemplo, cando nun tempo dun compás de catro por catro, en vez de dúas corcheas, colocamos tres, todas con a mesma duración, temos unha tercina. Nela, cada corchea equivale a un terzo de tempo. A tercina represéntase por un '3' cuberto por unha ligadura curva situada encima das notas.

Unha tercina pode non formar um grupo de tres notas iguais: basta que a suma de súas duracións sexa equivalente á de tres notas iguais. Ademais, unha tercina pode conter pausas: o valor da pausa é entón igual a aquel da nota que ela substitue. Cada tercina do exemplo abaixo equivale á duración dunha negra:


Contenu des triolets