Billboard Hot 100
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2013.) |
O Billboard Hot 100 é un gran conteo dos 100 sinxelos máis populares e vendidos nos Estados Unidos, axuda a promover a industria musical nacional e internacional, e defínese como a máis importante das listas de Billboard xunto co Billboard 200. A publicación desta lista é semanal a través da revista Billboard, e tamén a través de Internet na súa páxina oficial.
A primeira canción en chegar ao número un da Billboard Hot 100 foi "Poor Little Fool" de Ricky Nelson en 1958.[Cómpre referencia]
No ano 2008 a revista Billboard realizou a lista Billboard Hot 100 All-Time Artists, cos artistas máis exitosos, e situou a The Beatles e Madonna nos 2 primeiros postos. O grupo que estivo máis semanas consecutivas no número 1 foi The Black Eyed Peas, con 26 semanas. Sinxelos como "Boom Boom Pow" e "I Gotta Feeling" mantivéronse ao redor de 7 meses. "Billie Jean" do artista Michael Jackson é o sinxelo con maior cantidade de semanas no número 1 permanecendo 76 semanas. Ademais, o sinxelo "I Gotta Feeling" ten a marca de maior descargas dixitais na historia de iTunes. A artista que máis tempo mantivo un só sinxelo no número un é Mariah Carey con "One Sweet Day", canción a dúo con Boyz II Men (1995). En canto a artistas, Madonna ten máis Top 10 que ningún outro artista, con 38 cancións. Con todo, a artista feminina que máis nº1 sinxelos ten na historia do BillBoard Hot 100 é Mariah Carey, con 18. Só é superada polos Beatles (22).
Hoxe en día, o número un é "Blurred Lines" de Robin Thicke con T.I. e Pharrell.[1]
Historia
editarO que actualmente se coñece como Billboard Hot 100 existe desde hai máis de 50 anos con diferentes nomes e listas, promovendo as vendas de sinxelos incluíndoos na lista semana tras semana. Baséanse en varias áreas da costa leste á oeste dos Estados Unidos.
Entre os anos 40 e os anos 50, os sinxelos populares foron listados en tres significativas publicacións:
- Best Sellers in Stores (Os máis vendidos en tendas): Lista dos sinxelos máis vendidos en tendas polo miúdo, reportados por mercadores, examinados por todos os Estados Unidos (20 a 50 posicións).
- Most Played by Jockeys (As máis soadas polos Disk Jockeys): As cancións máis soadas nas estacións de radio estadounidenses, reportadas por DJs e estacións de radio (20 a 25 posicións).
- Most Played in Jukeboxes (As máis tocadas nos tragamoedas): As cancións máis soadas nos tocadiscos ao longo dos Estados Unidos (20 posicións). Esta foi unha das principais formas de medir a popularidade das cancións entre as xeracións máis novas que escoitaban música, por esta razón algunhas estacións de radio se resistiron a incluír o rock and roll nas súas listas musicais durante algúns anos.
Oficialmente, as tres listas tiveron igual "peso" en canto a importancia se refire. Algúns historiadores aseguran que a lista Best Sellers in Stores foi tomada como referencia para crear o Hot 100. Co tempo, Billboard creou unha cuarta lista de popularidade de sinxelos que combinaba todos os aspectos das outras tres listas (vendas, radio e actividade nos tocadiscos), baseada nun sistema de puntuación que lle deu ás vendas (compras) máis peso que á radio (empezouse a utilizar o termo airplay). Na fin da semana do 12 de novembro de 1955, Billboard publicou o Top 100 por primeira vez. As listas Best Sellers in Stores, Most Played by Jockeys e Most Played in Jukeboxes continuaron a ser publicadas asemade que a nova lista, chamada simplemente Top 100.
O 17 de xuño de 1957, Billboard descontinuou a lista Most Played in Jukeboxes porque se debilitou debido a que as estacións de radio empezaron a incorporar cada vez máis á música rock nas súas listas musicais. O finalizar a semana do 28 de xullo de 1958 deuse a coñecer a última publicación da lista Most Played by Jockeys e o Top 100. O 4 de agosto de 1958, Billboard publicou unha lista principal que incluía todos os xéneros musicais: o Hot 100. A nova lista rapidamente converteuse no "molde" da industria musical e Billboard descontinuou a lista Best Sellers In Stores, coa súa última edición o 13 de outubro de 1958.
Billboard produce o Hot 100 ata os nosos días e segue sendo a base pola cal unha canción é medida en popularidade e vendas nos Estados Unidos. O Hot 100 é aínda compilado por unha combinación da puntuación que obtén unha canción por radio e polas vendas (tanto analóxico como dixitalmente). Son varios compoñentes de listas os que contribúen para o cálculo total do Hot 100. Os máis significativos e representativos son mostrados a continuación:
- Hot 100 Airplay - (por Billboard) aproximadamente 1,000 estacións de radio ao longo e ao ancho dos Estados Unidos, "composta de formatos Adult Contemporary, R&B, Hip hop, Country, Rock, Gospel, Latinos e Cristiáns, dixitalmente monitoreadas as vinte e catro horas do día, os sete días da semana. As listas son valoradas polas impresións da audiencia, revisadas e monitoreadas polo número exacto de veces que a canción foi emitida polas estacións de radio, a principal referencia que toma Billboard é a compañía-base de datos Arbitron."
- Hot 100 Singles Sales - (por Billboard) "a compilación da cantidade de vendas nas tendas polo miúdo, mercado en masa e vendas por Internet, compiladas, e provistas por Nielsen SoundScan."
- Hot Digital Songs - vendas dixitais (descargas) monitoreadas por Nielsen SoundScan e son incluídas como parte da puntuación en vendas.
notas
editar- ↑ Trust, Gary (2013-06-26). "Robin Thicke's 'Blurred Lines' Still Atop Hot 100". Billboard. Consultado o 2013-06-26.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarEn inglés
- Acerca de Billboard Arquivado 08 de xullo de 2009 en Wayback Machine.. Sitio Web Oficial de Billboard en castelán e inglés. Estados Unidos
- Preguntas frecuentes sobre Billboard. Sitio Web Oficial de Billboard. Estados Unidos, século XX e XIX.
- Metodoloxía de Billboard. Sitio Web Oficial de Billboard, Estados Unidos.
- Historia de Billboard. Sitio web oficial de Billboard. Estados Unidos, séculos XIX, XX e XXI.