Mariah Carey
Mariah Carey, nada en Huntington (Estado de Nova York) o 27 de marzo de 1969,[1] é unha cantante de pop e R&B, compositora, produtora musical e actriz estadounidense de ascendencia irlandesa-venezolana.
Traxectoria
editarFixo o seu debut discográfico no ano de 1990, baixo a dirección do executivo de Columbia Records, Tommy Mottola. A finais do ano 1994 publicou Merry Christmas, o "disco de Nadal" máis vendido da historia[2].
Durante a década de 1990, os seus álbums vendéronse en grandes cantidades, converténdose na "Artista con máis vendas da década.[3] Tamén galardoada como a "Artista Feminina do Milenio" por Billboard[4] e polo World Music Awards[5].
O 2000 deixa a Columbia Records, de Sony Music[6] e asina un contrato por máis 80 millóns de dólares coa compañía Virgin,[7], considerado como o máis grande da historia para unha artista feminina até ese ano. O fracaso comercial do primeiro álbum que editou con esta discográfica, obrigou aos executivos a romper o contrato. No 2002, Carey asinou con Island Records e despois dun período relativamente infrutuoso, regresou á vangarda da música no 2005 cun dos álbums máis exitosos da súa carreira, The Emancipation of Mimi[8].
Declarada en 2008 por Billboard como unha das "Mellores Artistas Femininas de Todos os Tempos",[9] é ademais a solista con máis sinxelos que alcanzaron o número un en Estados Unidos cun total de 19, superando a Elvis Presley.[10][11]
Os seus singles "One Sweet Day" (1995) e "We Belong Together" (2005) son as cancións que máis tempo estiveron no número un do Billboard Hot 100 de Estados Unidos, cun total de 16 e 14 semanas respectivamente[12].
Vida persoal
editarEn 2015, Carey comezou a saír co multimillonario australiano James Packer e, o 21 de xaneiro de 2016, anunciou que estaban comprometidos.[13] En outubro, porén, cancelaron o compromiso.[14] En outubro de 2016, comezou a saír co coreógrafo estadounidense Bryan Tanaka.[15]
Notas
editar- ↑ "The Long-Islander (Huntington, N.Y.), Section Two, Page Three: Recent Births Are Announced". nyshistoricnewspapers.org (en inglés). 10 de abril de 1969. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2021. Consultado o 18 de maio de 2022.
- ↑ "Mariah Carey celebra sus 40", nova en El Mundo (en castelán).
- ↑ "10 artistas más importantes de los 90's según Billboard" Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine., artigo en mjhideout.com (en castelán).
- ↑ "Biografía en Billboard (en inglés).
- ↑ "Winners of the WORLD MUSIC AWARDS, maio 2000 (en inglés).
- ↑ "Mariah Carey firma un contrato multimillonario con Virgin" Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine., artigo en El País, abril de 2003 (en castelán).
- ↑ "Mariah Carey viene por la revancha", artigo en El Siglo de Torreón (en castelán).
- ↑ "Carey, on!", artigo en The Boston Globe (en inglés).
- ↑ "The Billboard Hot 100 All-Time Top Artists" (en inglés).
- ↑ Most No. 1s Overall", en Billboard (en inglés).
- ↑ "Mariah, Madonna Make Billboard Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Songs with most Weeks nº 1", en Billboard (en inglés).
- ↑ Bromley, Melanie (2016-01-21). "Mariah Carey and James Packer are Engaged". E! News. Consultado o 2016-01-21.
- ↑ Mizoguchi, Karen (2016-10-28). "Mariah Carey 'Had to Leave' James Packer Because He Was 'Not Mentally Healthy' – But His Side Claims She 'Has Issues': Sources". People. Consultado o 2017-08-13.
- ↑ "Mariah Carey Finally Confirms That Bryan Tanaka Is Indeed Her Boyfriend". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2022. Consultado o 2019-12-23.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)