Eleccións xerais de España de 1920

Eleccións xerais de España

As eleccións xerais de España de 1920 foron convocadas para o 13 de decembro de 1920 e celebradas baixo o sufraxio universal masculino.

Eleccións xerais de España de 1920
 ← 1919 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1923 Editar o valor en Wikidata  → 
Data19 de decembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoDeputado das Cortes Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata

Ostentaba o cargo de presidente do Goberno ata a data das eleccións Joaquín Sánchez de Toca Calvo.

As eleccións estiveron marcadas pola debilidade extrema do sistema político e a gran conflitividade social debido á guerra do Rif e os disturbios en Barcelona. O Partido Conservador estaba dirixido nese momento por Eduardo Dato, mentres o Partido Liberal estábao por Manuel García Prieto.

A maioría conservadora permitiu que os principais líderes dese partido ocupasen as principais maxistraturas do Estado. José Sánchez Guerra foi nomeado presidente do Congreso dos Deputados e Joaquín Sánchez de Toca y Calvo foi o presidente do Senado. O xefe do goberno foi Eduardo Dato.

Entre 1920 e 1921 endureceuse a violencia anarquista en Barcelona, o que derivou na represión militar do xeneral Severiano Martínez Anido, gobernador militar da cidade, e ao fin, co asasinato do presidente Dato o 8 de marzo de 1921. Dato foi substituído por Manuel Allendesalazar, un conservador ciervista, quen abandonou o goberno en xullo dese mesmo ano polo Desastre de Annual. Formouse entón un goberno de concentración nacional entre os conservadores, os liberais de Romanones e a Lliga Regionalista dirixido por Antonio Maura, cuxa finalidade residía en ocuparse do problema marroquí. José Sánchez Guerra formou un novo goberno en marzo de 1922 con apoio da maioría de conservadores e mauristas xunto á Lliga, aínda que foi destituído por orde de Afonso XIII debido a que Sánchez Guerra autorizou ao Congreso a investigar o resultado do Expediente Picasso, que acusaba ao xeneral Dámaso Berenguer do Desastre de Annual. Tras isto foi nomeado presidente Manuel García Prieto.

Composición do Congreso dos Deputados

editar
 
Eduardo Dato
 
Manuel García Prieto

Eleccións Xerais en España, 13 de decembro de 1920

Partido Escanos Líder
Partido Conservador 216 Eduardo Dato
Conservadores 153
Conservadores ciervistas 22 Juan de la Cierva y Peñafiel
Conservadores mauristas 19 Antonio Maura
Conservadores datistas 18 Eduardo Dato
Conservadores independientes 4
Partido Liberal 121 Manuel García Prieto
Liberal-demócratas 62 Manuel García Prieto
Liberais 30 Alvaro de Figueroa y Torres
Esquerda liberal 20 Santiago Alba Bonifaz
Liberais agrarios 5 Rafael Gasset Chinchilla
Liberais nicetistas 4 Niceto Alcalá-Zamora
Lliga Regionalista 15 Francesc Cambó
Partido Reformista 9 Melquíades Álvarez
Partido Republicano Radical 4 Alejandro Lerroux
Partido Socialista Obrero Español 4 Pablo Iglesias Posse
Comunión Nacionalista Vasca 1
Partido Católico Tradicionalista 1 Juan Vázquez de Mella
Agrarios 1
Partido Integrista 1 Manuel Senante y Martínez
Republicanos diversos 9 Francesc Layret
Francesc Macià
Outros, independentes ou indefinidos 23
Vacantes 32
Total 437

Resultados en Galicia

editar

Os deputados que resultaron elixidos en Galicia foron os seguintes:[1]

A Coruña

editar

Ourense

editar

Pontevedra

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar