Manuel Fernández Barrón

avogado e político galego

Manuel Fernández-Barrón Barrenechea, nado en Ponteareas a finais do século XIX e finado o 10 de maio de 1959, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Fernández Barrón
Biografía
NacementoPonteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Carmen Bugallal Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Ramón Fernández-Bugallal Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nunha voda apadriñada por Eduardo Dato, en 1916 casou con María del Carmen Bugallal, quen acabaría herdando o título de condesa de Bugallal. Ese mesmo ano convértese en deputado polo Partido Conservador, en representación do distrito 25 (Ponteareas)[1], resultado que repite en catro convocatorias máis, pois en ningunha das cinco eleccións se presentou ningún candidato alternativo.

Beneficiado polo ascenso político da familia da muller, pois o seu sogro chegou a ser presidente do goberno, en febreiro de 1921 é nomeado director xeral dos Rexistros Civil, da Propiedade e do Notariado.

Galardóns

editar

Tivo unha rúa no Porriño, agora chamada Rúa do Mercado.