María del Carmen Bugallal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
María del Carmen Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido, nada en Ponteareas e finada en Madrid o 10 de decembro de 1968, foi a cuarta condesa de Bugallal.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ponteareas, España |
Morte | 10 de decembro de 1968 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Fernández Barrón |
Fillos | José Ramón Fernández-Bugallal |
Pai | Gabino Bugallal |
Irmáns | Matilde Bugallal |
Traxectoria
editarEn realidade, era Rodríguez unicamente, pero usou alternativamente o apelido do seu avó Federico Rodríguez Fajardo, descendentes de Alonso Fajardo, quen fora alcalde de Santiago de Compostela a comezos do século XVIII, e o Araujo, que tamén se perdera nos seus devanceiros. Filla do presidente do goberno de España, Gabino Bugallal, casou en 1916 con Manuel Fernández Barrón, un político conservador galego, que acabaría sendo deputado.
Herdou o título de condesa en 1932, ao morrer prematuramente a súa irmá máis vella, Matilde Bugallal.
Tivo cinco fillos, dos que o maior, José Ramón Fernández-Bugallal, herdou o condado ao seu falecemento.