José Barreras Massó
empresario galego
José Barreras Massó, nado en Vigo o 28 de febreiro de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de xuño de 1950, foi un enxeñeiro, empresario e político galego.
José Barreras Massó | |
---|---|
![]() José Barreras Massó, retrato en Vida Gallega, 1922. | |
Nacemento | 28 de febreiro de 1867 |
Vigo | |
Falecemento | 29 de xuño de 1950 |
Vigo | |
Soterrado | Cemiterio de Pereiró |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario |
Premios | Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pertencente a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do século XIX, creou estaleiros (Hijos de J. Barreras, S.A.), factorías de conservas e frotas pesqueiras. Foi elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1920 fronte a Luis de Zulueta e sufragou o periódico local Ecos del Distrito. Fundou a revista Industrias Pesqueras en 1927.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Carmona Badía, X., Coord. Empresarios de Galicia. CIEF, Centro de Investigación Económica e Financeira. Fundación Caixa Galicia, 2006.