Ecos del Distrito

Ecos del Distrito foi un semanario publicado en Redondela en 1921.

Ecos del Distrito
LocalidadeRedondela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico independiente defensor de intereses generales, apareceu o 3 de abril de 1921. Continuador de Pimienta y Mostaza, estaba tamén dirixido por Fernando González Gómez. Saía á rúa os domingos. Entre os seus colaboradores figurou Buenhijo Pérez Sobrino. O periódico foi sufragado en parte polo deputado polo distrito de Redondela José Barreras Massó. Seguía publicándose en outubro de 1922.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 41–42. ISBN 84-8302-720-8.