José María Paramés
político español
(Redirección desde «José María Paramés y García Barros»)
José María Paramés García-Barros, nado en Ponteareas e finado en Madrid o 7 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ponteareas, España |
Morte | 7 de novembro de 1936 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo de Domingo Paramés González e Jabiera García-Barros Pena, propietarios da Casa de Granxa da Peregrina en Bertamiráns. Auxiliar do Ministerio de Fomento, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1919 como maurista e en 1920 como conservador. Nas eleccións a Cortes de febreiro de 1936 presentouse como candidato monárquico pola provincia da Coruña[2] pero non foi elixido. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e encarcerado no Cárcere Modelo. Foi asasinado cos seus irmáns Carlos e Emilio e co seu tío Antonio Paramés González o 7 de novembro de 1936.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica ABC, 14-5-1939.
- ↑ Candidatos ABC, 10-2-1936.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos Deputados
- Fotografías en Historia Local de Ortoño e a Maía: [1] [2] [3]