Mariano Ordóñez García
Mariano Ordóñez García, nado en Madrid o 8 de marzo de 1874 e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1938, foi un avogado e político español, foi ministro de Graza e Xustiza, ministro de Facenda e ministro de Mariña durante o reinado de Afonso XIII de España.
Traxectoria
editarFillo de Ezequiel Ordóñez González, casou coa filla de Francisco Romero Robledo. Membro del Partido Conservador, iniciou a súa carreira política nas eleccións de 1903 nas que foi elixido deputado ao Congreso polo distrito de Tui, escano que volvería obter nos sucesivos comicios electorais celebrados ata a ditadura de Primo de Rivera.
Foi ministro de Graza e Xustiza en dúas ocasións: entre o 1 de setembro de 1920 e o 13 de marzo de 1921 no goberno que presidiu Eduardo Dato, e entre o 1 de abril e o 4 de decembro de 1922 nun gabinete presidido por Sánchez Guerra. Tamén foi ministro de Facenda entre o 7 de xullo e o 14 de agosto de 1921 nun goberno Allendesalazar, e ministro de Mariña entre o 8 de marzo e o 1 de abril de 1922 no goberno Sánchez Guerra.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mariano Ordóñez García |
Bibliografía
editar- "Ordóñez García, Mariano". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Predecesor: Gabino Bugallal Araújo José Bertrán Musitu |
Ministro de Graza e Xustiza 1920 - 1921 1922 |
Sucesor: Vicente de Piniés Pío Carlos Cañal |
Predecesor: Manuel Argüelles Argüelles |
Ministro de Facenda 1921 |
Sucesor: Francesc Cambó |
Predecesor: José Gómez Acebo |
Ministro de Mariña 1922 |
Sucesor: José Rivera Álvarez-Camero |