Abrir o menú principal

Ramón Bustelo González

Financeiro e político galego.
(Redirixido desde "Ramón Bustelo y González")

Ramón Bustelo González, nado en Ribadeo o 9 de marzo de 1868 e finado en 1942, foi un financeiro e político galego.

Ramón Bustelo González
Nacemento9 de marzo de 1868
 Ribadeo
Falecemento1942
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Bustelo e de Brígida González Santamarina, herdeiro da Banca Martínez Bengoechea, que pasou a ser coñecida como Banca Bustelo. Membro do Partido Liberal afín a Segismundo Moret, foi deputado provincial e elixido deputado a Cortes por Ribadeo nas eleccións de 1901. Volveu ser elixido en 1903, 1905, 1910, 1914, 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Foi senador pola provincia de Lugo na lexislatura 1907-1908. Foi subsecreario de Abastecementos.

Foi presidente do Club Deportivo Ribadense en 1913.[1]

Vida persoalEditar

Casou con Rosario Vázquez Gómez, irmá de Adolfo Vázquez Gómez, foi pai de Mercedes Bustelo Vázquez, que casou con Leopoldo Calvo Sotelo, e avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo[2].

NotasEditar

  1. "Sucinta biografía del pintor Amando Suárez Couto". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  2. Genealogía de don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo.

Véxase taménEditar