Abrir o menú principal

Adolfo Vázquez Gómez

xornalista e escritor galego

Adolfo Vázquez Gómez, nado en Ferrol o 18 de agosto de 1869 e finado en Montevideo o 25 de xullo de 1950, foi un xornalista e escritor galego.

Adolfo Vázquez Gómez
Almanaque Gallego, 1898, p. 72, Adolfo Vásquez Gómez.jpg
Nacemento18 de agosto de 1869
 Ferrol
Falecemento25 de xullo de 1950
 Montevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou o bacharelato en Lugo e despois comezou a carreira militar, aínda que a deixou para dedicarse ao xornalismo. Iniciou as súas colaboracións en El Regional e Galicia Moderna, e dirixiu Galicia Liberal, en Santiago de Compostela. Marchou a Madrid, onde foi redactor de La República e colaborou en La Guindilla e El Combate. Militante do federalismo republicano de Francesc Pi i Margall, participou no movemento revolucionario de 1886, polo que tivo que exiliarse en Portugal, onde fundou El Galleguito en Lisboa e colaborou en España e A sentinela da Fronteira. Marchou a Francia en 1887 e regresou a Portugal ao ano seguinte.

Coa amnistía de 1889 regresou a Galicia instalándose en Betanzos onde colaborou en Las Riberas del Mendo e ¡Ya Somos Tres!, e fundou os diarios El Valdoncel e El Mendo. En Betanzos foi presidente do Ateneo Obreiro, do Centro Republicano Federal e do Orfeón Eslava. Na Coruña foi redactor do periódico republicano El Telegrama e foi elixido presidente da Xuventude Republicana Coruñesa.

En 1892 marchou a Buenos Aires, onde fundou El Pabellón Español, e un ano máis tarde trasladouse a Montevideo onde dirixiu El Intransigente foi xerente de El Liberal e dirixiu El Socialista. Máis tarde, na localidade de Paysandú presidiu a Asociación Liberal de Socorros Mutuos e o Comité de Auxilios de Sicilia e Calabria e dirixiu o periódico El Paysandú.

En 1913 viaxou a Europa e participou, como delegado de colectividades suramericanas e europeas, no XVII Congreso Internacional de Libre Pensamento en Portugal. En 1914 participou en Lisboa nunha conferencia sobre o movemento agrario con Basilio Álvarez e Francisco Álvarez Pena[1]. De volta en América, asistiu como delegado á Confederación Sudamericana Pro-Paz, ao I Congreso Panamericano do Neno e ao Congreso de Bibliografía e Historia (como representante da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela).

Instalado en Buenos Aires foi catedrático de Historia da Liga de Educación Racionalista e, en 1924, encargouse da dirección da revista Céltiga. Novamente en Montevideo, dirixiu diversas emisións radiofónicas.

ObrasEditar

  • Socialismo y librepensamiento.
  • Mesa revuelta.
  • El país del prodigio.
  • La masonería. Su pasado, su presente y su futuro.
  • Nuevos rumbos educacionales.
  • La democracia portuguesa.
  • Ecos de combate, 1940.

NotasEditar

  1. El Tea, 6-2-1914, p. 2.

Véxase taménEditar