Luis Usera Bugallal

avogado, empresario e político español

Luis Usera Bugallal, nado en Talavera de la Reina o 8 de xullo de 1890 e finado en Madrid o 7 de agosto de 1958, foi un avogado, empresario e político español de orixe galega.

Infotaula de personaLuis Usera Bugallal
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata
Talavera de la Reina, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Real Madrid
1929 – 1935
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , empresario , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMatilde Bugallal

Traxectoria

editar

Fillo do xuíz Víctor Usera e da dama galega Luisa Bugallal, foi sobriño de Gabino Bugallal, quen foi presidente do goberno de España. Casou coa condesa de Bugallal, Matilde Bugallal Rodríguez.

Secretario da Audiencia Provincial. Foi deputado polo distrito de Xinzo de Limia de 1918 a 1923. Foi nomeado Subsecretario de Graza e Xustiza en 1921. Foi escollido vicepresidente do Real Madrid CF en 1929, pero por un problema regulamentario foi obrigado a dimitir e ascendeu á presidencia en 1930, cargo que ocupou ata 1935[1].

Vida persoal

editar

Casou coa súa curmá Matilde Bugallal Rodríguez-Fajardo, III condesa de Bugallal.

  1. Luis Usera Arquivado 11 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Real Madrid C.F.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar