Joaquín Quiroga Espín

político español

Joaquín Quiroga Espín, conde de Quiroga-Ballesteros, nado en Madrid en 1880 e finado na mesma cidade en 1971, foi un avogado e político galego, benfeitor do concello de Sarria.

Modelo:BiografíaJoaquín Quiroga Espín
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1971 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisBenigno Quiroga Ballesteros Editar o valor en Wikidata  e Julia Espín y Pérez de Collbrand Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Joaquín Quiroga Espín cos nenos da Cantina escolar de Lugo, 1920.

Fillo de Benigno Quiroga Ballesteros (da familia Quiroga da Casa Grande da Pobra de San Xiao) e de Julia Espín, era irmán do tamén deputado Luis Quiroga Espín. Casou con María Josefa Díaz Gutiérrez.

Adscrito ao Partido Liberal, foi deputado a Cortes polos distritos de Quiroga (1907-1914) e Lugo (1914-1923). Foi Subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza e director xeral de Obras Públicas. Primeiro Conde de Quiroga-Ballesteros por Real Decreto de 12 de marzo de 1931, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

Fillo adoptivo de Sarria

editar

O 1 de maio de 1918 inaugurouse a traída de augas para a vila de Sarria, despois de máis de dez anos de xestións. Desta maneira a antiga Fonte Ribeira e os escasos pozos de que se surtían as casas deron paso a un caudal que axiña foi insuficiente. Na sesión ordinaria do Concello celebrada o 27 de abril de 1918 o alcalde don Manuel Gutiérrez Castro di que "se aproximaba a satisfacción dunha grande necesidade, día arelado por todos". E como para a consecución de tal mellora interpuxera un grande valemento o Deputado pola circunscrición Joaquín Quiroga Espín, e grazas a el se verá realizado "o que se consideraba dificilísimo, senón imposible", e como só este feito é suficiente para que o pobo de Sarria deba eterna gratitude ó seu protector, o deputado Sr. Quiroga, quen xa noutras ocasións demostrou a súa predilección por esta vila, e aínda que é pouco para os seus merecementos e como prefacio do mais que se poida facer como bos agradecidos, propón que se declare fillo adoptivo e predilecto de Sarria, o que se aproba por unanimidade.

En sesión do Concello celebrada o 24 de novembro de 1919 acordouse pagarlle o gasto de 202,50 pts. a Cipriano Santos pola confección do título de fillo adoptivo e predilecto de Sarria a favor de Joaquín Quiroga Espín.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar