Antonio Rodríguez Pérez (xornalista)

avogado, xornalista e político galego

Antonio Rodríguez Pérez, finado en Madrid, foi un avogado, xornalista e político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Rodríguez Pérez
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1933 Editar o valor en Wikidata)

Traxectoria

editar

Fillo dunha familia humilde, con panadería en Lugo. Residía en Madrid onde foi redactor de El Imparcial. Próximo a Manuel Viturro Posse, foi deputado nas Cortes Españolas polo distrito de Padrón como independente polo Partido Liberal nas eleccións de 1918, 1919, 1920 e 1923, tendo como representante no distrito a Estanislao Pérez Artime. Foi nomeado Director Xeral de Obras Públicas en setembro de 1923. Posteriormente pasouse á Federación Republicana Gallega (futura ORGA), partido polo que foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Nas eleccións xerais de 1933 volveu ser elixido deputado pola mesma provincia como republicano independente polo Partido Republicano Radical. Militou no Partido Nacional Republicano de Sánchez Román. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse a deputado integrado na Candidatura Republicana de Centro y Coalición, pero non foi elixido. Coa Guerra civil logrou fuxir a Francia en barco desde Cartaxena. Posteriormente volveu e fixou a súa residencia no Hotel Palace de Madrid, onde morreu.

Vida persoal

editar

Casou xa maior con Amelia Sánchez Abril, dunha familia acomodada de Madroñera (Cáceres).[1]

  1. Unión y Trabajo, 8-4-1933, p. 3.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade. Concello de Rianxo. p. 336.