Abrir o menú principal

Manuel Viturro Posse

avogado e político galego

Manuel Viturro Posse, nado en Rianxo e finado na Coruña o 13 de marzo de 1936, foi un avogado e político galego.

Manuel Viturro Posse
Manuel Viturro Posse.jpg
 Rianxo
Falecemento13 de marzo de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
FillosManuel Viturro Somoza
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Manuel Viturro Rivera. Foi alcalde de Noia a finais do século XIX, cargo do que foi suspendido a principios de 1893. Foi secretario da Deputación da Coruña dende 1896. Líder do Partido Liberal en Rianxo, logo de que en 1907 Ramón Tojo Pérez pasase ás filas conservadoras do Marqués de Figueroa, converteuse no home de confianza da familia Gasset. Aparece caricaturizado como cacique por Castelao en El Barbero Municipal. Foille concedida a gran cruz de Isabel la Católica en 1920. En 1923 foi cesado como secretario da Deputación.


Predecesor:
?
  
Alcalde de Noia
 
1891 - 1892
Sucesor:
?

Vida persoalEditar

Casou con Elena Somoza Hartley e foi pai de Manuel Viturro Somoza.