Ramón Tojo Pérez

escritor e político galego

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón o 23 de novembro de 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.[Cómpre referencia]

Ramón Tojo Pérez
Nacemento23 de novembro de 1860
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento7 de outubro de 1944
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
CónxuxeRobustiana Baltar Cortés
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cursou o Bacharelato no Convento do Carme. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 aprobou as oposicións de avogado do Estado. Foi Gobernador civil de León (1899-1900). Foi deputado provincial dende 1890 e presidente da Deputación da Coruña de 1903 a 1909. Despois continuou como deputado provincial polo distrito de Padrón. Foi membro da Real Academia Galega.


Predecesor:
Alejandro Cadarso Ronquete
  
Presidente da deputación da Coruña
 
1903 - 1909
Sucesor:
José María Ozores de Prado

Vida persoal editar

Casou con Robustiana Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ángel Baltar Cortés.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar