Ángel Baltar Cortés
Ángel Baltar Cortés, nado en Padrón o 12 de marzo de 1868 e finado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1934, foi un médico galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1868 Padrón, España |
Morte | 30 de marzo de 1934 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Familia | |
Fillos | Ramón Baltar Domínguez, Antonio Baltar |
Pai | Ángel Baltar Varela |
Irmáns | Ernesto Baltar Cortés |
Traxectoria
editarFillo de Ángel Baltar Varela o que fora alcalde de Padrón, e de Ramona Cortés Giménez, Ángel Baltar estudou bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, rematando en 1884. Estudou na Facultade de Medicina e licenciouse con sobresaínte no ano 1893. No Hospital Provincial realizou as prácticas como médico interno e foi nomeado médico rural de Rois. En 1898 casou en San Xulián de Requeixo, Pontecesures, con Isabel Domínguez. En 1923 foi nomeado director do Gran Hospital, do que foi cirurxián durante trinta anos. Co doutor Manuel Varela Radío fundou en 1908 o Sanatorio Baltar. En 1909 viaxou a Berlín para observar as últimas técnicas da súa especialidade. En 1915 creou un laboratorio e deseñou aparellos.
Trala súa morte foi enterrado no cemiterio de Padrón. Na súa memoria creouse a Fundación Baltar, adicada a repartir bolsas a licenciados para estudos de cirurxía no estranxeiro.[2] O Concello de Padrón púxolle o seu nome a unha praciña en agosto de 1947, a Praza de Baltar.
Vida persoal
editarCasou con Isabel Domínguez Orense e foi pai de Antonio e Ramón Baltar Domínguez.
Notas
editar- ↑ D. Ángel Baltar Cortés: Maestro de la Cirugía GallegaI (en castelán)
- ↑ Cun capital de 60 mil pesetas, os premiados debían comparecer perante un Tribunal para demostrar os suficientes coñecementos en cirurxía para poder optar a el. O importe do premio era de 1.896 pesetas (La Universidad de Santiago (el pasado y el presente), de Ciriaco Pérez Bustamante e Sebastián González García-Paz; Santiago, 1934; páxinas 67 e 68).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Díaz-Fierros, F.; Fraga, X. A.; Mato, A., eds. (2018). Álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas. Santiago de Compostela: CCG. pp. 22–24. ISBN 978-84-92923-94-6.
Outros artigos
editar- Ramón Baltar Domínguez (fillo de Ángel Baltar Cortés)