Xosé Antón Fraga

experto en cultura científica galega

Xosé Antón Fraga Vázquez, nado na Coruña o 18 de setembro de 1950, é un experto en cultura científica (ensino, historia e divulgación da ciencia). Tamén é coñecido como Tino Fraga.

Xosé Antón Fraga
Nacemento18 de setembro de 1950
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónensaísta
XénerosEnsaio
EstudosCiencias
Na rede
Dialnet: 60803
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación académica editar

Acadou en 1973, na Universidade de Santiago de Compostela, a Licenciatura en Ciencias, sección Biolóxicas, e no ano 1992 o doutoramento en Bioloxía[1]. Posteriormente realizou o Posgrao en Historia das Ciencias e das Técnicas no curso 1997-1998, na Universidade de Zaragoza.

Activismo editar

Nos anos setenta do século XX participou activamente nas loitas do profesorado non numerario (PNNs) pola estabilidade no emprego e democratización do ensino. Foi fundador, e vicepresidente inicial, do Ateneo Ferrolán (1976), así como fundador do Sindicato Galego de Traballadores do Ensino en 1977. Vicepresidente de ADEGA[2].

Carreira profesional editar

Exerceu a docencia como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES Monelos da Coruña onde tamén foi director[3]. Durante o trienio 2008-2011, levou a dirección dos Museos Científicos Coruñeses. Desde 2013 é académico correspondente da Real Academia Galega[4]. No período 2016-2020, dirixiu o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses[5].

Actividade no eido da Historia das Ciencias editar

Ata o ano 2020, formou parte do Consello de Dirección de Llull, revista de Historia das Ciencias da Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas[6]. Na Área do Seminario de Estudos Galegos, exerceu como Coordinador do Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas. No Consello da Cultura Galega, entre os anos 2008 e 2020, formou parte da Sección de Ciencia, promovendo e dirixindo o Álbum da Ciencia desde a súa creación en 2011[7].

Autor de máis de cen publicacións en revistas especializadas sobre diversos aspectos da cultura científica, ensino, historia e divulgación da ciencia. Desde 2014 ven publicando no xornal La Opinión A Coruña os “episodios da cultura científica”.

É promotor do Foro Humboldt Coruña[8], creado en 2017, e no que participan o Concello da Coruña, o Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), a Universidade da Coruña, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses e a Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo[9]. En 2020 actuou de moderador nas II Xornadas Mulleres relevantes da Reserva da Biosfera MCeTM, dedicadas a María Wonenburger, matemática galega con dimensión internacional[10].

Obras editar

Ensaio editar

  • Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903): ensino, divulgación, debates, produción, institucionalización e recepción de novidades, 1992, USC[1].
  • Creación e orixinalidade na obra do naturalista Seoane, 2007..
  • Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, 2019, Espacio Cultura.

Obras colectivas editar

  • As investigacións micrográficas de Ernesto Caballero (1858-1935), 1989, Ediciós do Castro.
  • Diccionario histórico das Ciéncias e das Técnicas da Galiza (I e II), 1993 e 2005, Ediciós do Castro.
  • O Patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela, 1996.
  • Ciencias, educación e historia, 1997, editor.
  • 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA.
  • Galicia. Natureza. Xeoloxía, 2003.
  • Humboldt y la ciencia española, 2005, coeditor.
  • O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
  • Ciencia e historia. Ramón de la Sagra, 2007, AIRS (Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra).
  • O Instituto da Guarda da Coruña. 125 anos de historia, 2016, Deputación da Coruña[11].

Biografías editar

  • Xenio indomable. Roberto Nóvoa Santos, 2018, Espacio Cultura.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar