Ramón Baltar Domínguez

médico galego

Ramón Baltar Domínguez, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1902 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1981,[1] foi un médico galego.

Modelo:BiografíaRamón Baltar Domínguez
Biografía
Nacemento10 de abril de 1902 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, cirurxián Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosLuís Baltar Tojo, Rafael Baltar Tojo, Fernando Baltar Tojo, Alberto Baltar Tojo Editar o valor en Wikidata
PaiÁngel Baltar Cortés Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonio Baltar Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX844720 BUSC: baltar-dominguez-ramon-1902-1981 Nomes e Voces: 4918

Traxectoria

editar
 
Voda de Ramón Baltar e Emma Tojo, 1928.

Fillo de Ángel Baltar Cortés, estudou Medicina en Compostela. Foi profesor axudante de Anatomía, Patoloxía e Cirurxía na Facultade de Medicina da USC. Traballou desde 1928 como cirurxián no Hospital Real de Santiago. Dende a morte do seu pai dirixiu o Sanatorio Baltar (1934-1963) e o Gran Hospital (1940). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado como capitán médico asimilado para traballar como cirurxián nos hospitais da vangarda da fronte no bando franquista. Cómpre sinalar que concederlles o grao de capitán era o que se facía con catedráticos e médicos de alto prestixo. Inicialmente non tivo problemas, pois foi acusado polo Servizo de Información Militar de Burgos de ser "cotizante del Socorro Rojo, izquierdista y propagandista del Frente Popular. Tenido comúnmente por masón". Conseguiu saír sobresido grazas ás testemuñas que presentou. Pero en 1939 foi novamente sancionado coa inhabilitación perpetua para todo tipo de cargos directivos e de confianza.[2]

Ao rematar a guerra volveu exercer a docencia na Facultade de Medicina. Deu apoio médico a fuxidos, guerrilleiros e represaliados da comarca de Santiago. No seu sanatorio fixéronselle radiografías ao guerrilleiro Foucellas en marzo de 1945 despois de que se ferise coa súa arma de forma fortuíta, e tras ser inicialmente atendido en Ordes e Tordoia. En 1947 foi encarcerado breves días en Vigo xunto co médico Ulpiano Villanueva, acusados de contribuír ao Socorro Rojo Internacional aínda que, en realidade, estaban vinculados á Unión de Intelectuales Libres. Saíron libres axiña. A súa relación co franquismo foi a dun liberal con certa controversia xa que ocupou cargos de dirección a pesar dos problemas que tivo coa ditadura. Gañou a oposición a profesor da Sala de Cirurxía da Beneficencia Provincial e foi nomeado decano do corpo médico desa entidade (1952). Recibiú nos anos sesenta a gran cruz o mérito da Beneficencia. Foi presidente da Sociedade Española de Cirurxía (1965). Publicou libros relacionados coa medicina e a historia e investigou a relación entre Castelao e a medicina, como reflicten o artigo "Castelao médico" e o volume Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte.

  • Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII, 1961.
  • La Escuela Médica Compostelana, 1968.
  • Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte, Editorial Bibliófilos Gallegos, 1979.

Vida persoal

editar

Casou en 1928 con Emma Tojo Sieyro, con quen tivo doce fillos, entre eles Luís, Rafael, Fernando, Alberto e Asunción Baltar Tojo, esta última casou con Xerardo Fernández Albor.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1981, p. 30.
  2. A pesar diso, en abril de 1939 foi nomeado director do Hospital Provincial de Santiago, cargo que exerceu polo menos ate 1954 cando o Hospital se mudou do antigo Hospital Real, hoxe Hostal dos Reis Católicos, á rúa Galeras.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar