Rafael Baltar

arquitecto galego

Rafael Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 31 de xaneiro de 1933 e finado na mesma cidade o 15 de decembro de 2004[1], foi un arquitecto galego [2].

Modelo:BiografíaRafael Baltar
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 2004 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRamón Baltar Domínguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlberto Baltar Tojo
Luís Baltar Tojo
Fernando Baltar Tojo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX849935 BUSC: baltar-tojo-rafael-1933

Traxectoria

editar

Fillo de Ramón Baltar Domínguez. Obtivo o seu título de arquitecto en 1964 e o de doutor arquitecto en 1967 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.

Foi catedrático e director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, e dende ese cargo impulsou as relacións de intercambio coas Facultades de Arquitectura de Clermont-Ferrand (Francia) e Regensburg (Alemaña), relacións que culminaron coa creación dun concurso anual entre alumnos das tres escolas que hoxe leva o seu nome.

Foi membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, consultor do Consello da Cultura Galega e membro do Consello de Fábrica da Catedral de Santiago. Tivo unha presenza moi activa na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi presidente da Xunta Reitora e, máis tarde, vicepresidente primeiro do seu Padroado.

Foi Vocal e máis tarde Presidente da Xunta Directiva da Delegación na Coruña do Colexio de Arquitectos de León. Participou nas xestións para a creación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por segregación do de León (decreto de 2 de maio de 1973). Formou parte de 1973 a 1979, como Contador, da primeira Xunta de Goberno do Colexio e exerceu a presidencia da súa Comisión de Cultura de 1975 a 1979 e de 1981 a 1983.

En Santiago de Compostela levou cabo a maior parte do seu labor profesional onde formou equipo dende 1965 con José Antonio Bartolomé e, posteriormente, con Carlos Almuíña Díaz. Autores de numerosas obras de edificación pública e privada, tanto de nova planta como de restauración de conxuntos e edificios histórico-artísticos.

A súa obra foi publicada en revistas especializadas como Arquitectura (Madrid), Obradoiro (Santiago de Compostela), Hogar y Arquitectura (Madrid), Jano-Arquitectura (Barcelona) ou bd (Stuttgart), e exhibida en múltiples exposicións sobre a arquitectura galega contemporánea. Destacan nela os traballos de restauración na Catedral de Santiago, no Teatro Principal de Santiago, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Colón da Coruña. Entre as de nova planta deben citarse o edificio de xulgados, o Salón Teatro e o aulario da facultade de Ciencias Políticas, todos eles en Santiago.

Autor do libro Arquitectura y preexistencias: Una referencia gallega (Cuadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro, Sada. 1991). Publicou numerosos traballos sobre a arquitectura, o proxecto, o patrimonio arquitectónico e a forma do territorio.

 
Casa do concello de Trazo.
 
Xulgados de Vigo.
  • Subestación de Fenosa en Galeras (Santiago de Compostela).
  • Polideportivo en Belvís.Onde?
  • Concello de Trazo (con José Antonio Bartolomé Argüelles) en 1975
  • Vivendas de segunda residencia en Portosín en colaboración co arquitecto José Antonio Bartolomé Argüelles[3].
  • Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela (1993-1995). En colaboración con José Antonio Bartolomé e Carlos Almuíña.[4]
  • Rehabilitación do Teatro Jofre de Ferrol[5] (2002).
  • Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. En colaboración con José Antonio Bartolomé e Carlos Almuíña.

Premios

editar
  • Accésit no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela[6].
  • Mención no IX Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela[7].
  • Seleccionado para o IV Premio Julio Galán Carvajal coa obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela[8].
  1. Necrolóxica Arquivado 02 de novembro de 2010 en Wayback Machine., por Juan Capeáns. La Voz de Galicia, 16 de decembro de 2004 (consultado o 25 de marzo de 2010).
  2. Galegos.info
  3. COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 1979, Santiago de Compostela, nº3, pp. 12-13.
  4. COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15.
  5. O teatro Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine. www.ferrol.es.
  6. VII Premio COAG de Arquitectura Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
  7. IX Premio COAG de Arquitectura Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
  8. IV Premio Julio Galán Carvajal Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar