Carlos Almuíña

arquitecto galego

Carlos Almuíña Díaz, nado en Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 1946 é un arquitecto galego.[1]

Infotaula de personaCarlos Almuíña
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesor de Debuxo técnico e autor do libro Debuxo Técnico COU[2] publicado en 1983. Foi presidente da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Santiago entre os anos 1999 e 2007. Formou equipo cos arquitectos Rafael Baltar Tojo e José Antonio Bartolomé, realizando numerosos proxectos. Colaborou con artigos sobre arquitectura na Gran Enciclopedia Gallega, en A Nosa Terra e en revistas de arquitectura como Obradoiro.

Obras editar

  • Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela (1993-1995). En colaboración cos arquitectos Rafael Baltar e José Antonio Bartolomé Argüelles.[3]
  • Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. En colaboración cos arquitectos Rafael Baltar e José Antonio Bartolomé Argüelles.

Premios editar

  • Accésit no VII Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela.[4]
  • Mención no IX Premio COAG de Arquitectura na categoría Edificio de nova planta pola obra Ampliación da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela.[5]
  • Seleccionado para o IV Premio Julio Galán Carvajal coa obra Novo edificio de xulgados de Santiago de Compostela.[6]

Notas editar

  1. Biografía en Galegos.info
  2. Almuíña Díaz , Carlos (1983). Debuxo Técnico COU. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-89138-37-0. 
  3. COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15.
  4. VII Premio COAG de Arquitectura Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
  5. IX Premio COAG de Arquitectura Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es
  6. IV Premio Julio Galán Carvajal Arquivado 21 de xuño de 2010 en Wayback Machine. www.coag.es

Véxase tamén editar

Bibliografía editar