José Antonio Bartolomé
José Antonio Bartolomé Argüelles, nado en Mondariz en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 2010, foi un arquitecto galego.
José Antonio Bartolomé | |
---|---|
Nacemento | 1934 |
Lugar de nacemento | Mondariz |
Falecemento | 29 de novembro de 2010 |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Abriu un estudio na década dos sesenta co tamén arquitecto Rafael Baltar, estudio ao que posteriormente se sumou Carlos Almuíña. Con esta firma desenvolveu todo tipo de traballos, se ben estiveron especializados en rehabilitacións de monumentos históricos e teatros.
Obras principaisEditar
- Traballos de conservación na catedral de Santiago de Compostela (1981-2005). Medalla Europa Nostra.
- Edificio dos Xulgados de Vigo (1982)
- Edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela (1985[1]).
- Rehabilitación do Teatro Principal de Santiago de Compostela (1986).
- Rehabilitación do Teatro da Beneficencia (Ortigueira, 1987[2])
- Rehabilitación do Salón Teatro de Santiago de Compostela.
- Rehabilitación do teatro Jofre (Ferrol, 2002[3]).
- Rehabilitación do Teatro Colón (A Coruña, 2003)
- Ampliación da facultade de Ciencias Políticas da USC.
Vida persoalEditar
Estivo casado e tivo tres fillos.
NotasEditar
- ↑ COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15.
- ↑ Pesar por la muerte del arquitecto Bartolomé Arquivado 01 de decembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/11/2010.
- ↑ O teatro www.ferrol.es.