José Antonio Bartolomé
(Redirección desde «José Antonio Bartolomé Argüelles»)
José Antonio Bartolomé Argüelles, nado en Mondariz en 1934 e finado en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 2010, foi un arquitecto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 Mondariz, España |
Morte | 29 de novembro de 2010 (75/76 anos) |
Traxectoria
editarAbriu un estudio na década dos sesenta co tamén arquitecto Rafael Baltar, estudio ao que posteriormente se sumou Carlos Almuíña. Con esta firma desenvolveu todo tipo de traballos, se ben estiveron especializados en rehabilitacións de monumentos históricos e teatros.
Obras principais
editar- Traballos de conservación na catedral de Santiago de Compostela (1981-2005). Medalla Europa Nostra.
- Edificio dos Xulgados de Vigo (1982)
- Edificio dos Xulgados de Santiago de Compostela (1985[1]).
- Rehabilitación do Teatro Principal de Santiago de Compostela (1986).
- Rehabilitación do Teatro da Beneficencia (Ortigueira, 1987[2])
- Rehabilitación do Salón Teatro de Santiago de Compostela.
- Rehabilitación do teatro Jofre (Ferrol, 2002[3]).
- Rehabilitación do Teatro Colón (A Coruña, 2003)
- Ampliación da facultade de Ciencias Políticas da USC.
Vida persoal
editarEstivo casado e tivo tres fillos.
Notas
editar- ↑ COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 12-15.
- ↑ Pesar por la muerte del arquitecto Bartolomé Arquivado 01 de decembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/11/2010.
- ↑ O teatro Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine. www.ferrol.es.