Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid

centro da Universidade Politécnica de Madrid

A Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), é a escola de arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid (España). Prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutorados e diversos masters de posgrao. Esta escola creouse en 1844 co nome de Escuela Especial de Arquitectura de Madrid e é a escola de arquitectura máis antiga de España. O actual edificio inaugurouse en 1936.

Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Tipoescola técnica superior Editar o valor en Wikidata
Parte deUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
SedeCiudad Universitaria Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 40°26′22″N 3°43′52″O / 40.439544, -3.731103
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1844 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBetsamadrid.aq.upm.es Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: ETSAMadrid Twitter: etsamadrid Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

Filipe V, o primeiro monarca Borbón español, seguindo o exemplo das Academias francesas, fundou en 1744 a Real Academia de las Tres Nobles Artes (pintura, escultura e arquitectura), na que se organizaron os estudos de arquitectura en 1752. Fernando VI aprobou os seus estatutos en 1757 e dende entón expediu o título oficial de Arquitecto, que substituíu o que ata ese momento daban os gremios.

A Real Academia de Belas Artes de San Fernando impartiu na súa sala de arquitectura as ensinanzas do título oficial na Casa de la Panadería da Praza Maior de Madrid entre 1757 e 1774, e no antigo Palacio Goyeneche da rúa Alcalá ata 1847.

En 1844 reformáronse as ensinanzas de belas artes, separándose as de arquitectura, escultura, e pintura e gravado, dando lugar a un Estudo Especial de Arquitectura dentro da nova Escola de Nobres Artes. En 1847, a escola instalouse en parte no edificio dos Reales Estudios de San Isidro (na actualidade Instituto de San Isidro).

En 1936 a Escola inaugurou a súa nova sede na avenida de Juan de Herrera da Cidade Universitaria de Madrid que quedou arrasada na Guerra Civil. O edificio, reconstruído, reinaugurouse en 1942.

Antigos alumnos célebres

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar