Félix Candela

arquitecto mexicano

Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e finado en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.

Félix Candela
Nacemento27 de xaneiro de 1910
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento7 de decembro de 1997
Lugar de falecementoDurham, Carolina do Norte
NacionalidadeEspaña, Estados Unidos de América e México
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid, Real Academia de Belas Artes de San Fernando e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Ocupaciónarquitecto, enxeñeiro, pintor e profesor universitario
Coñecido porOceanogràfic e Palacio de los Deportes
PremiosMedalla de Ouro da Arquitectura, doutor honoris causa, doutor honoris causa, Premio Antonio Camuñas de Arquitectura, doutor honoris causa pola Universidade Politécnica de Madrid, honorary doctorate of Seville University e Auguste Perret Prize
editar datos en Wikidata ]
Restaurante do Oceanográfic de Valencia, España. Obra de Félix Candela.

Traxectoria editar

En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]

Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Grazas a súa tese doutoral recibiu unha bolsa de estudos da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.

En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu unha cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando unha cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.

Obras destacadas editar

Obra escrita editar

  • En defensa del formalismo y otros escritos, Xarait Ediciones, 1985, 172 páxinas, ISBN 84-85434-29-3

Premios editar

Notas editar

  1. Biografía e obras en.stucturae.de

Véxase tamén= editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar