Durham, Carolina do Norte
Coordenadas: 35°59′19″N 78°54′26″O / 35.98861, -78.90722
| |||||
![]() |
|||||
Información | |||||
País | ![]() | ||||
Estado | Carolina do Norte | ||||
Superficie • Total |
245.8 km² | ||||
Poboación • Total |
233252 | ||||
Densidade | hab./km² | ||||
Altitude | 100 m | ||||
Alcalde | Bill Bell | ||||
![]() |
|||||
www |
Durham é unha cidade estadounidense do estado de Carolina do Norte. Atópase situada no condado de Durham. É a cuarta cidade máis poblada do estado, e na súa área metropolitana habitan 451.212 persoas segundo o censo de 2005. É coñecida por ser a sede da Universidade de Duke.
HistoriaEditar
NomeEditar
Hai varias teorías sobre a orixe do nome da cidade, Durham, pero dende logo a máis acertada polos seus habitantes e a de que o nome provén do apelido dun home chamado Barlett, que doou as súas terras para construír o ferrocarril que logo traería consigo a construción e desenvolvemento desta cidade.
Orixe da cidadeEditar
Durham orixinouse en 1853 coa busca dun ferrocarril adecuado para o depósito de Carolina do Norte Ferrocarril entre Raleigh e Hillsborough. A queima de madeira de locomotoras de vapor do momento, había que parar a repostar con moita frecuencia, e os depósitos que proporcionaban madeira e auga non podían estar a máis de 25-30 millas de distancia.
Unha oficina de correos coñecida como a Herndon existía na zona en 1827, e outra cerca de Prattasburg estableceuese en 1836. Os propietarios de terras en Prattsburg negáronse a vendelas para a construción dun ferrocarril. Algo máis ao noroleste, no que era o Condado de Orange, un señor chamado Bartlett S. Durham doou as súas terras para a construción do ferrocarril.
A comunidade da estación de Durham creceu lentamente antes da Guerra Civil, pero desenvolveuse con gran rapidez tras a guerra. Gran parte deste crecemento pódeselle atribuír á creación dunha próspera industria de tabaco. Os soldados acamparon cerca de Bennett Place, que estaba xusto nas aforas da estación de Durham, durante o procedemento de entrega en abril de 1865. Estes soldados consumiron do tabaco de Durham e regresaron aos seus fogares despois da guerra cun interese na adquisición de máis deste tabaco. A empresa de tabaco Bull Durham Tobacco Company empezou a vender grandes cantidades dese produto.
Século XXEditar
O rápido crecemento e a prosperidade da empresa de tabaco, traduciuse polo rápido crecemente da cidade. Primeiramente, a industria do tabaco dominaba a economía pero pronto empezaron a aparecer varias fábricas téxtiles, en particular no Leste e no Oeste. En 1924 James Buchanan Duke estableceu unha fundación filantrópica en honra a seu pai, Washington Duke, para apoiar o Trinity College en Durham. O colexio cambiou o seu nome polo de Universidade de Duke e construíuse un gran hospital universitario. A mediados do século XX empezaron a cerrar moitas fábricas. A competencia doutras compañías de tabaco e a diminución do hábito de fumar despois da décado de 1960 reduciu os ingresos da industria de tabaco.
O crecemento volveuse a reavivar durante os anos 1970 e 1980 coa construción de varias urbanizacións na parte Sur da cidade. En 1975, decidiuse preservar o patrimonio da antigua comunidade de Hayti (unha comunidade afroamericana) e promover a comprensión das contribucións da cultura mundial. En 1994, un novo estadio de béisbol foi construído para o Durham Bulls.
Xeografía e climaEditar
Ao igual que gran parte da rexión, a súa topografía é xeralmente plana con algúns outeiros. A cidade ten unha área total de 245,8 km², dos cales 245.1 km² é terra e 0,7 km² (0,29 %) é auga. A través desta cidade pasa o río Eno e tamén outros pequenos ríos. Clasificase a Durham como un clima subtropical húmido, segundo a clasificación climántica de Köppen, con veráns cálidos e húmidos e invernos fríos, e a primavera e outono son suaves. Recibe abundantes precipitacións e tormentas eléctricas comúns no verán. A rexión ve unha media de 6,8 polgadas (170 mm) de neve por ano, que se funde en moi poucos días normalmente.
Información climática de 'Durham | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima absoluta (°C) | 27 | 29 | 34 | 35 | 37 | 40 | 41 | 41 | 40 | 37 | 31 | 27 | |
Temperatura mínima absoluta (°C) | -9 | -2 | 11 | 23 | 29 | 38 | 48 | 46 | 37 | 19 | 11 | 0 | |
Precipitacións (mm) | 4,44 | 3,70 | 4,68 | 3,41 | 4,59 | 4,01 | 3.95 | 4,38 | 4,36 | 3,71 | 3,38 | 3,43 | |
Fonte: NOAA |
EconomíaEditar
Algunhas empresas das máis exitosas son propiedade de afroamericanos que se estableceron nesta cidade durante o século 20. Unha destas é o Banco de Agricultores de Carolina do Nore. Estes negocios, atópanse na súa maioría na rúa Parrish.
Unha das principais empresas nas que traballa máis xente é a Universidade de Duke que ten 3 900 traballadores (e 13 000 estudantes) e as empresas no Research Triangle Park con 49 000 empregados.
Os hoteis tamén son un gran factor na economía, xa que millóns de persoas visitan Durham cada ano.
DemografíaEditar
Segundo o censo do ano 2000, había 201 726 persoas, 74 981 vivendas e 43 563 familias residindo na cidade. A densidade de poboación era de 763,1 hab./km². O 45,5% dos habitantes eran de raza branca e o 43,81% de raza negra e o resto de diversas etnias.
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos en 2000 os ingresos medios por fogar na localidade son de 41 160 dólares e os ingresos medios por familia son 51.162 dólares. Os homes teñen uns ingresos medios de $35 202 fronte aos $30.359 das mulleres. A renda per cápita para a localidade era de 22 526 dólares.
Ocio e educaciónEditar
OcioEditar
Durham é unha cidade famosa polos deportes profesionais de equipo, como é o Durham Bulls Liga Internacional, un equipo de béisbol. Os Bulls xogan no Durham Bulls Athletic Parl, situado ao sur do centro da cidade. Foi deseñado por Hok-Sport e a súa construción levouse a cabo en 1994. Conta con 10 000 prazas.
Hai diferentes eventos ao longo do ano como son festivais de jazz, blues, concertos sinfónicos, exposicións de arte e varias exposicións culturais como o Festival de Cine Documental, no que participan produtores de todo o mundo, e o Festival de danza americano que se celebra na Universidade de Duke durante seis semanas. O centro da cultura de Durham e o Teatro Carolina que mostra tanto actuacións en vivo como películas. En 2005 abriuse o museo de arte Nasher que contén exposicións de vanguardia mundial e de arte contemporánea.
Ademais disto, tamén esta a Asociación de Durham Downtown Artes (DADA) que é unha organización non lucrativa situada no centro da cidade e fundada en 1998. A misión desta organización é un compromiso co desenvolvemento, presentación e patrocinio da arte. Sobre todo, o que intenta é apoiar aos artistas locais para que traballen nunha diversidade de medios artísticos.
A súa cultura musical tamén é grande. Ten estilos como jazz, hip-hop, soul, folk, blues, bluegrass, punk, metal e rock entre outros. Hai moitas bandas e músicos moi populares como Branford Marsalis, The Mountain Goats, John Dee Holeman, 9th Wonder, Red Clay Ramblers, Megafaun, Eller Curtis, el Monte Moriah e Midtown Dickens.
EducaciónEditar
Escolas primarias e secundarias
A cidade conta con 46 escolas públicas, que consiste en 30 de primaria, 16 de secundaria. Conta tamén, con varias escolas superiores centradas en temas distinto como a Escola das Artes de Durham ou a de Medicina. Varias escolas privadas tamén funcionan en Durham, como Durham Academy. Tamén hai un gran número de escolas relixiosas, entre elas Trinity School de Durham e Chapel Hill. En decembro de 2007 clasificaron a Durham como un dos 20 mellores lugares para educar un neno.
Universidades
A Universidade de Duke é unha das principais universidades dos Estados Unidos e do mundo, con arredor de 14.000 estudantes que se dividen entre graduados e estudantes universitarios. Duke constitúe un dos tres vértices do triángulo de investigación, xunto coa Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill e a Universidade do Estado de Carolina do Norte. Os esforzos da investigación da universidade, médicos, e a ensinanza, encóntranse entre os de maior rango tanto nos Estados Unidos como no resto do mundo.
PolíticaEditar
A zona é predominantemente demócrata, e votou polo candidato presindencial do Partido Demócrata en todas as eleccións dende a fundación da cidade en 1869.
Durham funciona baixo o goberno do consello-encargado. O alcalde, dende 2001, é Bill Bell, que foi elixido no 2011 de novo co 82% dos votos na segunda volta electoral.
Cidades irmandadasEditar
|