Julio Cano Lasso
arquitecto español
Julio Cano Lasso nado en Madrid o 30 de outubro de 1920 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1996, foi un arquitecto español.
Julio Cano Lasso | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1920 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 7 de decembro de 1996 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | Torrelodones |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid |
Ocupación | arquitecto |
Coñecido por | Central telefónica de La Concepción, Madrid, Satellite communications station of Buitrago del Lozoya, IVIMA headquarters e Pabellón de España de la Expo 92 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
No ano 1939, rematada a Guerra civil española, comezou os seus estudos de arquitectura que rematou en 1949 conseguindo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. En 1951 obtivo o título de Técnico Urbanista. Traballou no Instituto Nacional de Industria e posteriormente na Dirección Xeral de Urbanismo. Foi profesor da Escola de Arquitectura de Madrid entre os anos 1961 e 1970.
A obra de Cano Lasso está influenciada pola arquitectura moderna, polo seu discurso de racionalidade e eficiencia.
Obras destacadas editar
- Estudo sobre o Polígono de Campolongo en Pontevedra (1961).
- Universidade Laboral de Ourense (1976).
- Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela (1986).
- Pavillón de España na Exposición Universal de Sevilla (1992).
Premios editar
En 1991 recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Julio Cano Lasso en epdlp.com (en castelán).