Juan Navarro Baldeweg
Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.
Juan Navarro Baldeweg | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Juan Navarro Baldeweg |
Nacemento | 11 de xuño de 1939 |
Lugar de nacemento | Santander |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Ocupación | arquitecto, pintor, escultor e profesor universitario |
Coñecido por | sen etiquetar |
Premios | Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e Medalha Heinrich Tessenow |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Graduouse en 1965 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid, onde tamén se doutorou en 1969. Entre 1959 e 1960 estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando. Compaxina a súa carreira como arquitecto co estudo e a práctica da pintura e a escultura.
Nos seus comezos profesionais traballou no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota.
En 1974 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para realizar estudos de postgrao no Center For Advanced Visual Studies do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Cambridge (Massachusetts), onde foi alumno de Gyorgy Kepes.
O seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo.
É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Academia Europea de Ciencias e Artes.
Obras destacadasEditar
ArquitecturaEditar
- Casa de la lluvia, Liérganes, España (1978-1982).
- Centro de Servizos Sociais e Biblioteca na Puerta de Toledo, Madrid, España (1985-1992).
- Palacio de Congresos e Exposicións de Salamanca, España (1985-1992).
- Recinto Feiral en Silleda, Pontevedra (1992).
- Museo das Covas de Altamira, Santillana del Mar (1995-2000).
- Centro de Investigación, Museo da Evolución Humana e Pazo de Congresos en Burgos (2000-2009).
Artes plásticasEditar
- Instalación Luz y metales (1976).
- Serie Figuras en la copa de cristal.
- Serie Manos.
PremiosEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Juan Navarro Baldeweg en epdlp.com (en castelán).
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).