Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes

A Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes é unha condecoración que concede o Ministerio de Cultura e Deporte de España a persoas ou corporacións, institucións, persoas xurídicas, organismos ou entidades públicas ou privadas que destaquen en ámbitos como a literatura, a arte dramática, a música, a coreografía ou a interpretación, entre moitos outros.

Medalla ao mérito nas Belas Artes
Outorgada por Ministerio de Cultura e Deporte de España
Tipo Medalla (civil)
Outorgada por Traxectorias destacadas no eido da creación artística e cultural ou por servizos notorios no fomento, desenvolvemento ou difusión da arte e a cultura ou na conservación do patrimonio artístico.
Estado Entrégase na actualidade
Estadísticas
Establecida 19 de decembro de 1969[1]
Precedencia
Seguinte maior Medalla e Placa á Promoción dos Valores de Igualdade[2]
Seguinte menor Medalla da Seguridade Social[3]

Historia

editar

Até 1995 o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte concedía anualmente Medallas ao Mérito nas Belas Artes nas modalidades de Ouro e de Prata. A partir de 1996 unicamente se conceden Medallas de Ouro.

Este galardón inclúese entre os premios e medallas de Artes Escénicas e Música outorgados cada ano polo ministerio.[4]

Galardóns

editar
  1. BOE 19 de xaneiro de 1970
  2. Recompensas y medallas. Educateca. Consultado 20 de decembro de 2012.
  3. Órdenes civiles. Heraldaría. Consultado 20 de decembro de 2012.
  4. Os primeiros meses de cada ano é concedida polo labor anterior. Premios e medallas de Artes Escénicas e Música Ministerio de Cultura de España

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar