Miguel Fisac
Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006[1] foi un arquitecto, urbanista e pintor español.
Miguel Fisac | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Miguel Fisac Serna |
Nacemento | 29 de setembro de 1913 |
Lugar de nacemento | Daimiel |
Falecemento | 12 de maio de 2006 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Ocupación | arquitecto, pintor e urbanista |
Cónxuxe | Ana Maria Badell Lapetra |
Fillos | Taciana Fisac |
Irmáns | Lola Fisac |
Coñecido por | iglesia de San Pedro Mártir, Town Hall of Villanueva de Perales, Casa de la Cultura, Villanueva de Perales, iglesia de Santa Ana y Nuestra Señora de la Esperanza, headquarters of Secretaría General de Pesca del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Edificio Moroder, sede do Centro de Estudos Hidrográficos, Edificio Vega, Madrid e La Pagoda |
Premios | Premio Nacional de Arquitectura de España, Comendador da Ordem de Isabel a Católica, Condecoracións de Castilla-La Mancha, Medalla de Ouro da Arquitectura, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Encomenda da Orde Civil de Afonso X o Sabio |
Na rede | |
http://fundacionfisac.com/la-fundacion/origen-y-estructura-2/ | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
Fillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.
Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.
Obras destacadas editar
- Teatro Miguel Fisac de Castilblanco de los Arroyos, Sevilla.
- Edificio central do CSIC en Madrid.
- Igrexa do Espírito Santo en Madrid
- Igrexa en Punta Umbría.
- Instituto Nacional de Óptica Daza de Valdés en Madrid.
- Centro de Estudios Hidrográficos en Madrid.
- Centro de Cálculo da Universidade Complutense de Madrid .
- Edificio de IBM no Paseo da Castellana de Madrid.
- Edificio dos Laboratorios Jorba, La Pagoda, en Madrid.
Obra escrita editar
- La arquitectura popular española y su valor ante la del futuro. Madrid: Ateneo, 1952.
- La molécula urbana. Una propuesta para la ciudad del futuro Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas, 1969.
- Reflexiones sobre mi muerte. Madrid: Nueva Utopía, 2000.
Premios editar
- 1942 Premio Superior de Arquitectura de Madrid.
- 1994 Medalla de Ouro da Arquitectura.
- 1997 Premio Antonio Camuñas de Arquitectura.
- 2003 Premio Nacional de Arquitectura de España.
Notas editar
- ↑ Necrolóxica en elpais.com, 5-maio-2006 (en castelán).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Miguel Fisac en epdlp.com (en castelán).