Francisco de Asís Cabrero
Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo nado o 4 de outubro de 1912 en Santander e finado o 26 de febreiro de 2005 en Madrid foi un arquitecto español.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo 4 de outubro de 1912 Santander, España |
Morte | 26 de febreiro de 2005 (92 anos) |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Parentes | Leonardo Torres Quevedo, sobriño |
Traxectoria
editarIngresou en 1932 na Academia de Belas Artes de San Fernando e dous anos despois na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Durante os seus anos de estudante, viviu en Madrid na casa do seu avó materno o inventor Leonardo Torres-Quevedo. A Guerra Civil supuxo un parón na súa formación e non obtivo o título de arquitecto ata 1942. A principios da década de 1940 comeza a traballar cos arquitectos Germán Álvarez de Sotomayor, Luis Gámir, Eduardo Olasagasti e José Antonio Coderch, viaxando a Italia, onde conoceu a Giorgio de Chirico e a Adalberto Libera, tomando contacto coa arquitectura de Giuseppe Terragni. En 1949, xunto con Rafael Aburto, ganou o primeiro premio do concurso para a Casa Sindical en Madrid, considerado o primeiro edificio moderno construído a instancias do goberno franquista trala Guerra Civil, que se converteu na súa obra máis coñecida.
Obras destacadas
editar- A Casa Sindical (actual Ministerio de Sanidade e Consumo) fronte ó Museo do Prado de Madrid (1949).
- A Escola Nacional de Hostalaría en Madrid, (1959).
- O edificio do periódico Arriba no Paseo da Castellana nº 222 de Madrid, (1962).
- Casa do concello de Alcorcón (1973).
- Ampliación do Parque Sindical.
En 1992 publicou a súa obra sobre Arquitectura titulada "Cuatro Libros de Arquitectura".
Premios
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía, planos e fotografías dos proxectos de Francisco Cabrero en perso.wanadoo.es.
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com.
- ↑ País, Ediciones El (2005-03-02). "Francisco de asís cabrero, la arquitectura bien hecha". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-03-22.