Abrir o menú principal

Ratisbona

cidade de Alemaña
(Redirixido desde "Regensburg")

Ratisbona[1] (en alemán: Regensburg, en bávaro Rengschburg) é unha cidade alemá, situada no Land de Baviera. A cidade está na confluencia entre os ríos Danubio e Regen e é a capital tanto do distrito do Alto Palatinado (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg.

Ratisbona
Regensburg
Flag of Regensburg.png
Wappen Regensburg.svg
Rgbg-dom und rathaus.jpg
Localización
Ratisbona en Alemaña
Ratisbona
Ratisbona
PaísAlemaña Alemaña
EstadoBaviera
RexiónAlto Palatinado
Xeografía
Altitude326 msnm
Superficie80´76 km²
Demografía
Poboación150.894 hab. (31 Decembro 2017)
Densidade1.900
Outros datos
Código postal93047, 93049, 93051, 93053, 93055 e 93057
AlcaldeHans Schaidinger (CSU)
www.regensburg.de

A cidade, con 143.400 habitantes (dec. 2006) é, despois de Múnic, Nuremberg e Augsbourg, a cuarta maior cidade de Baviera. Desde o 13 de xullo de 2006, a cidade vella de Ratisbona forma parte da Patrimonio mundial da UNESCO. É sede dun bispado católico. Ratisbona está situada a 88 km de Nuremberg e a 103 km de Múnic.

ClimaEditar

Ratisbona ten clima continental. Os meses máis cálidos son xuño e agosto con medias de temperaturas que oscilan de 16,2 °C a 18 °C. Os meses máis fríos corresponden a decembro e febreiro con -0,9 °C e -2,7 °C como medias respectivas. Aos meses de xuño e agosto corresponden as precipitacións máis baixas con 74 e 93 mm; marzo e novembro son os meses máis chuviosos, con 33 e 39 mm.

HistoriaEditar

Centro histórico de Ratisbona e Stadtamhof
 
Ratisbona: Ponte sobre o Danubio e catedral ao fondo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Alemaña
Localización49°01′00″N 12°05′00″L / 49.01667, -12.08333
TipoCultural
CriteriosII, III, IV
Inscrición2006 (30ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1155
 
Praza Neupfarr (Neupfarrplatz), Ratisbona, coa catedral no fondo.

Sobre un asentamento céltico (Ratisbona), os romanos fundaron no 179 d.C. un campamento nas beiras do río Regen, ao que denominaron Castro Regina (é dicir, castro sobre o río Regen). As fontes francas confirman a asistencia de bispos de Galiza ao sínodo de Ratisbona no ano 782. Durante a época merovinxia, a cidade foi residencia dos duques de Baviera. Acadaría o seu cénit político e económico nos séculos XII e XIII, por atoparse nunha encrucillada de camiños centroeuropeos importantes. Dese período datan os grande monumentos da cidade, como a Steinerne Brücke (unha ponte de pedra de 310 m de longo, sobre o Danubio, erguido entre 1135 e 1146), a catedral gótica (consagrada en 1276), a Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello).

En 1245 o emperador Frederico II concedeu a Ratisbona o rango de Cidade Libre Imperial ("Freie Reichsstadt"), o que lle confería certa autonomía política. Nos séculos seguintes, a importancia da cidade revélase no feito de ter sido numerosas veces, sede das reunións da Dieta imperial (Reichstage). Así na celebrada en 1541, tentouse buscar un acordo entre reformados e católicos; a ela asistiran Felipe Melanchton e Bucero. No ano seguinte, Ratisbona uniuse oficialmente á Igrexa reformada, aínda que subsistiu o bispado católico. En 1663 converteuse na sede permanente da Dieta.

O feito de non estar apenas industrializada durante a II Guerra Mundial, librouna de grandes bombardeos aliados que si afectaron a outras cidades aínda que si que foi bombardeada en dúas ocasións, conservando case intacto o casco vello medieval. A maior perda destes bombardeos foi a igrexa románica de Obermünster que nunca foi reconstruída. Ademais a recuperación económica non foi visible ata finais dos 60 e daquela escolleuse preservar os edificios antigo e non construír novos no seu lugar.

Cidades irmandadasEditar

NotasEditar

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1752. ISBN 9788482893600. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar