Diocese

territorio sobre o que ten xurisdición un bispo
(Redirección desde «Bispado»)

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.

Distribución das dioceses en Galicia.
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Orixe e uso

editar

O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.

Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).

O termo diocese (de uso máis culto, bispado é máis coloquial) é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.

En Galiza

editar

En Galiza están os 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:

  • Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
  • Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
  • Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
  • Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
  • Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).

Hai ademais na Galiza territorial de administración política cinco arciprestados do oriente da provincia de Ourense que pertencen á diocese de Astorga.

En 1954 varias parroquias do oriente da provincia de Lugo pertencentes á diocese de Oviedo foron transferidas ás dioceses de Lugo e de Mondoñedo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.