O Salón Teatro é a sede do Centro Dramático Galego (CDG), a compañía pública de teatro de Galicia, e o escenario das súas producións. Ademais, acolle distintas disciplinas escénicas, como ciclos de cine ou danza. É o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia e supón un referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega.

Características

editar

Localízase nun edificio histórico no corazón da zona vella de Santiago de Compostela.

O Salón Teatro dispón de platea e tribuna con capacidade para 272 espectadores.

Historia

editar

En 1920 inaugurouse o Salón Teatro como sala de eventos e espectáculos. Tiña unha capacidade de máis de 500 localidades, forma de anfiteatro, un escenario reducido e unha sala dividida en dous andares, posteriormente destinouse principalmente á cinematografía.

En 1996 o edificio foi adquirido pola Xunta de Galicia e tres anos despois o teatro abriu de novo as súas portas xestionado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro, a cargo do Centro Dramático Galego.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar