Alberto Baltar

arquitecto galego
(Redirección desde «Alberto Baltar Tojo»)

Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en Vigo o 21 de agosto en 1993, foi un arquitecto galego.

Alberto Baltar
Nacemento1 de abril de 1939
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento21 de agosto de 1993
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarquitecto
PaiRamón Baltar Domínguez
IrmánsRafael Baltar Tojo, Luís Baltar Tojo e Fernando Baltar Tojo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Ramón Baltar Domínguez. Formouse na USC, en Barcelona e en Madrid e en 1965 asentouse en Vigo. Colaborou con profesionais como Xosé Bar Boo, Xaime Riera ou Xaime Garrido Rodríguez, con quen fixo os PXOUs de Baiona e Nigrán.

Foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do que foi secretario entre 1979 e 1981.

O mesmo ano do seu pasamento o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa.[1]

 
Alberto Baltar rehabilitou o edificio central da Xunta de Galicia de San Caetano, en Santiago de Compostela

Obra Editar

  • Centro Médico Povisa.
  • Rehabilitación de San Caetano.
  • Nave industrial na r/ Jacinto Benavente de Vigo, 1988.[2]
  • Nave Industrial Freiremar, en Vigo, 1988.[3]
  • Nave Industrial Galiciamar, en Vigo, 1989.[4]
  • Centro da Terceira Idade do Carballiño.
  • Centro da Terceira Idade da Estrada.
  • Escola Rosalía de Castro, de Vigo.

Notas Editar

  1. 42°13′3.9″N 8°44′9.37″O / 42.217750, -8.7359361
  2. Nave Industrial r/Jacinto Benavente Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine. Construcciones Conde.
  3. Nave Industrial Freiremar Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine. Construcciones Conde. Ardeu o 3 de agosto de 2015
  4. Nave Industrial Galiciamar Arquivado 14 de abril de 2015 en Wayback Machine. Construcciones Conde.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar