Xosé Bar Boo
arquitecto galego
Xosé Bar Boo, nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994, foi un arquitecto galego.[1]
Xosé Bar Boo | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1922 |
Vigo | |
Falecemento | 21 de febreiro de 1994 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Ocupación | arquitecto e mestre |
Pai | Pepe Bar |
Cónxuxe | Macamen Blanco García |
Coñecido por | Policlínico Cíes |
Premios | Premios da Crítica Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960. En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. Foi decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia entre os anos 1977 e 1979,[2] vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
ObrasEditar
- Edificio Pastibar en Vigo, antiga sede da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na cidade olívica (1957).[3]
- Edificio Plaza de Compostela (1963), na Praza de Compostela de Vigo.
- Praza de abastos de Gondomar (1966).
- Policlínico Cíes en Vigo (1967).[4]
- Igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves en Teis, Vigo (1968).
- Edificio de vivendas na Illa de Toralla.
- Praza de abastos do Porriño (1970).
- Edificio Vicente Suárez na rúa García Olloqui de Vigo (1972).
- Nova sede para os Xulgados da Coruña (1991).[5]
- Casa Gerardo Martín, rúa Doutor Corbal 65 de Teis, Vigo.[6]
RecoñecementosEditar
Obtivo o Premio da Crítica Galicia no ano 1981 e o Concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ Necrolóxica, por Xosé María Palmeiro. El País, 24 de febreiro de 1994 (consultado o 23 de marzo de 2010).
- ↑ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- ↑ Vídeo sobre o edificio en YouTube.
- ↑ Artigo sobre o Policlínico Cíes, 20 minutos, 3 de xullo de 2006 (consultado o 23 de marzo de 2010).
- ↑ Galicia 25 anos, Consello da Cultura Galega.
- ↑ Catálogo de Bens Culturais[Ligazón morta].
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Bar Boo |
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 89.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Garrido Fenés, Alicia (2000). La obra de Xosé Bar Bóo: una arquitectura a la medida del hombre (en castelán). A Coruña: Fundación Barrié. ISBN 978-84-89748-65-1.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 24. VG 955-2010.
Ligazóns externasEditar
- "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo" por Xan Casabella López, ETSAC, n.º 4 1986, ISSN: 0213-3474.
- Notas al artículo "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo"... por Xosé Bar Boo, ETSAC, n.º 6 1987, ISSN: 0213-3474 (en castelán).