Nigrán
Coordenadas: 42°8′30″N 8°48′24″O / 42.14167, -8.80667
Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2021 tiña 18.005 habitantes (8.857 homes e 9.148 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.
Nigrán | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | nigranés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca de Vigo |
Poboación | 18.054 hab. (2022)[2][3] |
Área | 34,8 km²[3] |
Densidade | 518,79 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Vilameán |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Juan Antonio González Pérez (PSdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 13 |
Eleccións municipais en Nigrán | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 23,27% |
Na rede | |
www.nigran.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Ten unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.
DemografíaEditar
Censo total 2021 | 18.005 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.212 (12.29 %) |
Entre 15 e 64 anos | 11.767 (65.35 %) |
Maiores de 64 anos | 4.026 (22.36 %) |

Evolución da poboación de Nigrán Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.180 | 6.974 | 7.968 | 12.336 | 16.894 | 18.021 | 17.879 | 17.840 | 17.738 | 17.715 | 17.619 | 17.593 | 17.622 | 17.723 | 17.675 | 17.745 | 18.005 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
CulturaEditar
ToponimiaEditar
As atestacións documentais máis antigas deste topónimo son serodias, do século XIII, e nelas aparece coma nome dunha freguesía pertencente ao arciprestado e xurisdición de Miñor, diocese de Tui.
Segundo o estudo realizado polo catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, o topónimo Nigrán vén do termo latino "niger" (negro en galego) máis a terminación patronímica -án.[8]
PatrimonioEditar
Patrimonio arquitectónicoEditar
- Ponte da Ramallosa (San Pedro da Ramallosa);
- Templo Votivo do Mar (Panxón);
- Arco visigótico de Panxón (Panxón);
- Monumento á mariña universal (Monteferro).
O concello de Nigrán conta con sete pazos:
EconomíaEditar
Nigrán foi tradicionalmente un municipio adicado á pesca de baixura, pero actualmente débese máis ao turismo.
DeporteEditar
O Nigrán Club de Fútbol, formado no ano 2000, xoga no grupo sur da 1ª Preferente.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Nigrán.
Templo Votivo do Mar de Panxón.
Praia América ou de Area Loura, Panxón.
ParroquiasEditar
Lugares de NigránEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Nigrán.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Nigrán".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultado eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 04 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Nigrán". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Navaza, Gonzalo. Homenaxe á profesora Camiño Noia.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nigrán |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |