Panxón, Nigrán
San Xoán de Panxón é unha parroquia do concello de Nigrán, pertencente á comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. Segundo o IGE[2] en 2022 tiña 3.853 habitantes (1.896 homes e 1.957 mulleres).
Panxón | |
---|---|
![]() San Xoán de Panxón, Templo Votivo do Mar. | |
Concello | Nigrán[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°08′32″N 8°49′29″O / 42.14224564, -8.82483364Coordenadas: 42°08′32″N 8°49′29″O / 42.14224564, -8.82483364 |
Poboación | 3.853 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
DescriciónEditar
Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o Templo Votivo do Mar, igrexa deseñada polo arquitecto galego Antonio Palacios.
Na noite de San Xoán organízanse fogueiras na praia América, que reúnen moita xente ao redor do lume. Panxón ten fermosas praias como as de Panxón, Madorra e Patos. Así como recónditos pequenos areais nos acantilados de Monteferro.[3]
A praia de Panxón abrangue todo o antigo paseo marítimo dirección Monte Lourido en Praia América. Na zona comprendida entre o final do paseo marítimo e a desembocadura do río Muíños está a praia de Canido, nas desaparecidas Dunas de Gaifar. O seguinte tramo de praia dende o río até Monte Lourido sería Praia América. É un areal de cerca de 2,5 km de area fina, bordeado por tramos de paseo de madeira de formigón, que vai enlazar co paseo marítimo de Ramallosa, bordeando a costa por Monte Lourido. Outro dos areais que ten Panxón é o da Madorra, que se atopa en dirección a Praia de Patos, xusto no istmo da península de Monteferro. Por último, está a praia de Patos. Esta praia está moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara mar aberto.
A Panxón pertencen os lugares de Patos, O Quinteiro, A Porqueira, Monteferro, O Caranquexo, A Madorra, Sancho.
EconomíaEditar
Actualmente a súa vida está fortemente marcada pola actividade hostaleira ó redor do turismo. A pesca de baixura, restaurantes e inmobiliarias son os principais negocios que nel se asentan.
PatrimonioEditar
En canto ao patrimonio destacan o Arco visigótico de Panxón e o camposanto visigótico. Xusto ao lado érguese o Templo Votivo do Mar ambos situados moi preto do núcleo de poboación. Este último é ademais a igrexa da parroquia de San Xoán e foi proxectado polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo.
No Monteferro érguese un monumento á mariña universal, inaugurado en 1924 por Miguel Primo de Rivera, ten unha gran figura da Virxe do Carme e o neno Xesús sobre a inscrición "SALVE REGINA MARIUM" e tres grandes placas de mármore.
Nunha glorieta no centro de Panxón está situada a áncora do petroleiro noruegués Polycommander, que afundiu fronte ás Illas Cíes o 5 de maio de 1970. O barco, que tiña só cinco anos de servizo, estaba baixo o mando do capitán Alf. Strom-Olsen.
O escritor galego Carlos Casares escribiu sobre Monteferro o seguinte texto:
"Nigrán é mais que o seu mar e as súas praias. Incluso se pode dicir que o mar e as praias necesitan dos montes e os outeiros para seren contemplados en todo o seu esplendor. Eso sábeno ben as persoas que se teñen aventurado a ir cara o interior ou as que simplemente ascenden ata as alturas amables de Monteferro, desde onde se pode gozar de vistas grandiosas, cadros divinos pintados por Deus para disfrute de todos"
Natureza e deporteEditar
En Panxón están as praias de Panxón, da Madorra, de Patos e das Canas (ou do Caranquexo). Ademais hai pequenas calas con area, especialmente entre as rochas de Monteferro, onde hai unha zona forestal en mancomún, que ten o interese de se atopar á beira do mar; e en fronte atópanse as Estelas, dúas pequenas illas moi preto da costa.
A actividade deportiva en Panxón está moi ligada ao mar, no club náutico é posíbel aprender windsurf, vela e outras modalidades de deportes mariños. O submarinismo patícase ao longo da súa costa, principalmente en Monteferro, pero tamén entre as rochas diante da praia de Patos. Nesta mesma praia pódese ver ao longo de todo o ano, pero especialmente no inverno, incluso o día de aninovo, a moita xente nova practicando o surf enriba das fortes ondas que a mollan. Ademais en Panxón está o pavillón polideportivo de Nigrán, onde se pode practicar fútbol sala, baloncesto, voleibol etc.
Galería de imaxesEditar
|
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PanxónEditar
Lugares da parroquia de Panxón no concello de Nigrán (Pontevedra) | |
---|---|
A Area Alta | A Barcalleira | A Bouza Vella | A Calzada | A Carballesa | O Carballo da Palma | O Carregal | As Dunas | O Formigón | Gaifar | A Madorra | O Mallón | Monteferro | Paraviñaval | Patos | A Porqueira | Portocelo | A Praia | O Quinteiro | A Rabadeira | O Rial | O Río do Forno | San Xoán | Sancho | O Seixo | A Touza | O Tripeiro | A Veiga da Arca | Xermaña |
Parroquias de NigránEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de febreiro de 2023.
- ↑ Monteferro.org
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panxón, Nigrán |