Preferente Galicia
A Preferente Galicia[1] é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.
Preferente Galicia | |
---|---|
Fundación | 1940 |
Rexión | Galicia |
Equipos | 40 |
Ascenso | Terceira División |
Descenso | Primeira Galicia |
Organizador | FGF |
Sitio web | futgal.es |
![]() |
HistoriaEditar
Inicialmente, a Serie A era a máxima categoría do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol, ata que, en 1940, a Real Federación Española de Fútbol ordenou cun decreto a supresión de facto de tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia, excluíndo da participación nos mesmos aos clubs que xa militasen simultaneamente en categorías estatais[2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que a partir de entón sería outorgada segundo a posición final acadada nas ligas estatais e non mediante os campionatos rexionais[3]. A decisión da RFEF transformou a Serie A na primeira categoría territorial de Galicia dentro do sistema de divisións estatal, facendo que os equipos galegos que militaban en divisións estatais xa non tomasen parte da Serie A. Denantes de 1940, os clubs galegos que xogaban en categorías estatais tamén participaban na Serie A do Campionato de Galicia ao mesmo tempo.
A pesar dos cambios, mantívose a denominación Serie A proveniente do campionato recentemente suprimido durante varias décadas ata que a competición trocou o seu nome polo de Preferente.
Sistema de competiciónEditar
A categoría está formada por 40 equipos repartidos en dous grupos de 20:
- Preferente Norte, formada por equipos das provincias de Lugo e A Coruña.
- Preferente Sur, formada por equipos das provincias de Ourense e Pontevedra.
Aínda que esta é a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza[4].
Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascenden directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogan unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría depende do que suceda cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descenden á Primeira Autonómica de Galicia.
ParticipantesEditar
Preferente NorteEditar
Preferente SurEditar
Equipo | Lugar | Estadio |
---|---|---|
Villalonga Club de Fútbol | Sanxenxo | San Pedro |
Club Deportivo Cultural Areas | Ponteareas | A Lomba |
Pontevedra Club de Fútbol B | Pontevedra | A Xunqueira I |
Porriño Industrial Club de Fútbol | O Porriño | O Lourambal 2 |
Portonovo Sociedade Deportiva | Portonovo, Adina, Sanxenxo | Baltar |
Club Xuventude Sanxenxo | Sanxenxo | Baltar de arriba |
Unión Deportiva Atios | O Porriño | O Carballo |
Unión Deportiva Barbadás | Barbadás | Os Carrís |
Céltiga Fútbol Club | A Illa de Arousa | Salvador Otero |
Club Juventud Cambados | Cambados | Municipal de Burgans |
Club deportivo Ribadumia | Ribadumia | Novo A Senra |
Club Deportivo Valladares | Vigo | A Gándara |
Mondariz CF | Mondariz | A Lagoa |
SD juvenil Ponteareas | Ponteareas | Pardellas |
Club Deportivo Moaña | Moaña | O Casal |
Atlético Arnoia | A Arnoia | A Queixeira |
Polígono San Ciprian Club de Fútbol | San Cibrao das Viñas | Antonio Gonzalez Blanco |
CD Beluso | Beluso, Bueu | As Laxes |
CD Velle | Ourense | Santa Marta |
Gran Peña Fútbol Club | Vigo | Barreiro |
HistorialEditar
NotasEditar
- ↑ Circular nº7 Preferente Galicia Federación Galega de Fútbol
- ↑ "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
- ↑ Copa del Generalísimo 1941 linguasport.com
- ↑ El Choco denunciará a la Federación si le niega el ascenso, Faro de Vigo, 4/8/2010