Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas
A Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas é un club de fútbol galego con sede en Ponteareas, que milita na Preferente Galicia. Fundado en 1970, viste camiseta con raias verticais vermellas e brancas e pantalón negro.
Xuvenil de Ponteareas | |
---|---|
Nome | Sociedade Deportiva Xuvenil de Ponteareas |
Fundación | 1970 |
Estadio | Pardellas, Ponteareas |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Liga | Preferente Galicia |
2023/24 | 8º |
Historia
editarA primeira SD Xuvenil foi fundada o 17 de maio de 1950 por cinco mozos que decidiron montar un club deportivo con varias disciplinas, entre as que destacaban o fútbol, o atletismo e o hóckey a patíns. A palabra "Xuvenil" do nome débese á idade dos fundadores do club, todos menores de 20 anos.[1] O club militou principalmente na Serie A e disputou catro tempadas consecutivas da Terceira División entre 1956 e 1959.[2] Disolveuse en 1964.
O actual club fundouse en 1970, co nome de Club Puenteareas, recuperando o nome do club orixinal ao ano seguinte. Foi ascendendo polas diferentes categorías do fútbol galego e na tempada 1987/88 conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División. Na súa primeira campaña na categoría estivo preto de lograr o ascenso a Segunda B, acabando subcampión do Grupo I, só por detrás do Xuventude de Cambados.
Campo
editarO equipo xoga os seus partidos na casa no Campo de Fútbol Municipal de Pardellas.
Datos do club
editar- Tempadas en Primeira División: 0
- Tempadas en Segunda División: 0
- Tempadas en Primeira División RFEF: 0
- Tempadas en Segunda División RFEF: 0
- Tempadas en Terceira División RFEF: 3
Historial en liga
editarNotas
editar- ↑ "S.D. Juvenil de Ponteareas, una historia de éxito". Atlántico Diario (en castelán). 1 de febreiro de 2009. p. 43.
- ↑ "Sociedad Deportiva Juvenil de Puenteareas". futbol-regional.es (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do club en futbol-regional.es (en castelán).