Club
Denomínase club[1][2] a un grupo de persoas libremente asociadas, ou sociedade, que reúne a un número variábel de individuos que adoitan coincidir nos seus gustos e opinións artísticas, literarias, políticas, deportivos, ou simplemente nos seus desexos de relación social.
Os fins e actividades dos clubs son moi diversos e dependen do motivo polo que as persoas se asociasen: realización de actividades deportivas, intercambios de ideas, debates culturais, organización de actividades a favor de terceiros, actividades formativas e informativas en beneficio propio etc.
Historia
editarNas civilizacións antigas de Roma ou Grecia existían asociacións que poden ser consideradas antecedentes dos clubs de hoxe en día, porén, o concepto actual de club naceu en Inglaterra. Os clubs máis antigos datan aproximadamente do século XVII e non pasaban de reunións informais e periódicas de amigos co obxecto de xantar e beber xuntos. Coa expansión colonial inglesa os clubs expandíronse dentro de toda a area anglófona e xa posteriormente tamén se comezaron a formar clubs noutras realidades culturais.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para club.
- ↑ En galego a única forma estandarizada segundo a Real Academia e os principais dicionarios de referencia é club, aínda que o lusitanismo clube está estendido na fala. Así por exemplo, encontrarmos denominacións como PEN Clube de Galicia ou Biblos Clube de Lectores.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Club |