Campo da Pedreira
O Campo da Pedreira é un campo de fútbol situado na parroquia de Meá, e que é o feudo do Galicia de Mugardos.
A Pedreira | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°27′23″N 8°14′23″O / 43.4563, -8.23978 |
Localización | Meá, Mugardos Galicia |
Construción | |
Inauguración | 12 de agosto de 1972 |
Estadio | |
Superficie | Herba artificial |
Dimensións | 103 x 63'5 |
Capacidade | 2.000 |
Localía | Galicia de Mugardos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Datos técnicos
editarCunha capacidade máxima para 2000 espectadores (1000 en tribuna e outros 1000 a pé de campo),[1] o recinto atópase situado na marxe esquerda da estrada que comunica Mugardos con Ferrol, no lugar da Pedreira, na parroquia mugardesa de Meá.
Historia
editarO campo anterior do Galicia de Mugardos non estaba pechado e os vestiarios estaban moi afastados do terreo de xogo, polo que na década dos sesenta comeza a verse a necesidade da construción dun novo campo. A directiva daquela, presidida por Alfredo Díaz Bravo, adquiriu o campo e os traballos de construción fixéronse de forma mancomunada entre os veciños. Os traballos comezaron en 1968 e finalizaron en 1972. Os cartos necesarios para os materiais de construción foron fornecidos pola Federación Española de Fútbol (250.000 pesetas), a Deputación da Coruña (50.000), o concello de Mugardos (15.000) e os socios e socias do club coas súas achegas.
O estadio inaugurouse o 12 de agosto do 1972 cun encontro de fútbol entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol.
Notas
editar- ↑ Páxina oficial do SDC Galicia de Mugardos Arquivado 27 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)